Arbo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 30: Liña 30:


== Xeografía ==
== Xeografía ==
O concello está bañado polo [[río Miño]]. Limita con [[Melgaço]] ([[Portugal]]) e cos concellos das [[As Neves|Neves]], [[A Cañiza]] e [[Crecente]].
O concello está comprendido entre os [[montes da Paradanta]] e a ribeira do [[río Miño]]. Limita con [[Melgaço]] ([[Portugal]]) e cos concellos das [[As Neves|Neves]], [[A Cañiza]] e [[Crecente]].


== Poboación ==
== Poboación ==

Revisión como estaba o 17 de marzo de 2014 ás 17:42

Arbo
Escudo de Arbo
Casa do Concello.
Situación
Xentilicio[1]arbense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca da Paradanta
Poboación3.741 hab. (2011)[2][3]
Área42,9 km²[3]
Densidade87,2 hab./km²
Entidades de poboación6 parroquias[4]
Capital do concelloArbo
Política (2011)
AlcaldeXavier Simón Fernández (BNG)
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 0
Outros: A.I.AR. - 3
Eleccións municipais en Arbo
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes92,79%
Na rede
http://www.concellodearbo.org/
editar datos en Wikidata ]

Arbo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca da Paradanta. Segundo o INE en 2011 tiña 3.741 habitantes (4.121 en 2003). O seu xentilicio é arbense.

Xeografía

O concello está comprendido entre os montes da Paradanta e a ribeira do río Miño. Limita con Melgaço (Portugal) e cos concellos das Neves, A Cañiza e Crecente.

Poboación

Censo Total (Habitantes) 3.191
Menores de 15 anos 267 (8.37 %)
Entre 15 e 64 anos 1.858 (58.23 %)
Maiores de 65 anos 1.066 (33.40 %)

Historia

No concello apareceu unha machada neolítica, en Cabeiras, conservada no museo de Pontevedra. En San Xoán de Arbo existe un petróglifo, preto do río Miño.

O documento escrito máis antigo sobre Arbo e as súas terras é a concesión dun privilexio por parte do rei Afonso VII, que fai ao mosteiro de Melón unha doazón deste territorio. Consérvanse numerosos documentos posteriores en relación con outros privilexios e doazóns do mesmo mosteiro.

O enclave xeográfico que ocupa a zona, fronte á vila de Melgaço á outra banda do río, provocou que se vise directa ou indirectamente afectada por diferentes conflitos bélicos. Así, durante os séculos XVI e XVII tivo lugar a guerra de sucesión trala separación de Portugal da Coroa española con Filipe IV. Xa no século XIX, durante a Guerra da Independencia, en febreiro de 1809 tivo lugar un enfrontamento entre as tropas francesas e os veciños do lugar, que non foron quen de defender a ponte de Mourentán, un paso importante.

Patrimonio

A ponte de Mourentán é unha construción de cachotería do século XVIII, con arco oxival e rasante alomado. Cruza o río Deva, e formaba parte do antigo camiño real que unía Ribadavia con Salvaterra de Miño e Tui. Ten un só van, cunha luz de 12,4 m. Atópase en bo estado de conservación.

Economía

Nos últimos anos, a súa poboación decreceu considerabelmente a pesar de que algúns sectores económicos creceron. O máis espectacular foi o caso do cultivo e comercio de viño. Adegas sonadas teñen a súa base aquí (As Laxas, Marqués de Vizhoja, Bodegas Eidosela,...). Grazas á boa calidade do clima, conseguiuse unha variedade de albariño de alta calidade, que pertence ao Consello Regulador das Rías Baixas. Outro sector de importancia é o turismo rural. Existen tres casas de hospedaxe e unha manchea de restaurantes, especializados na lamprea, produto estelar do concello, que lle dedica a súa festa principal no mes de abril.

Evolución da poboación de Arbo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5.267 5.245 6.442 5.037 4.018 3.877 3.741
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Arbo.

Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Arbo

Arbo (Santa María) | Barcela (San Xoán) | Cabeiras (San Sebastián) | Cequeliños (San Miguel) | Mourentán (San Cristovo) | Sela (Santa María)


Lugares de Arbo

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Arbo vexa: Lugares de Arbo.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Arbo".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén

Ligazóns externas