Xabier Simón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xavier Simón Fernández»)
Xabier Simón
Nacemento1964
Lugar de nacementoArbo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
Na rede
Dialnet: 80896
editar datos en Wikidata ]

Xabier Simón Fernández, nado en Arbo en 1964, é un economista e político galego, alcalde de Arbo entre o 2011 e o 2014.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutor en Economía pola Universidade de Vigo, onde traballa como profesor titular de Economía aplicada. Foi concelleiro en Arbo polo BNG dende 1999. En 2011 foi elixido alcalde de Arbo grazas a un pacto cos independentes,[1] aínda que estaba pactado que na lexislatura alternaría a alcaldía cos independentes[2] de Luis Enrique Rodríguez. O 11 de febreiro do 2012 deuse de baixa no BNG. Finalmente a alcaldía non se alternou ante a dimisión do número 1 de AIAr e a renuncia do número 2, José Simón. O 27 de xuño do 2014 perdeu unha moción de censura contra el e apoiada polos 5 concelleiros do PP e 2 dos 3 de AIAr sendo investido alcalde o candidato do PP, Horacio Gil.[3]

Nas eleccións municipais de maio de 2015, presentouse baixo unha agrupación independente (AGRELAR), e se ben conseguiu un notable ascenso con respecto aos resultados do BNG, conseguiu o 45% dos votos quedando a moi poucos votos do PP, estes últimos conseguiron a maioría absoluta e, en setembro de 2015, renunciou a acta de concelleiro.[4]

Nas municipais de 2019 volveu encabezar a devandita candidatura independente, pero tampouco foi capaz de recuperar a alcaldía ao darse uns resultados practicamente iguais aos de 4 anos antes. Nas municipais de 2023, non se presentou pero si a agrupación da que formaba parte.[5]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • 25 Anos de Medio Ambiente e Ecoloxismo na Galiza, 2001, ADEGA.
  • Guía para os propietarios de terreos eólicos (con Damián Copena Rodríguez), 2010.
  • Os plans eólicos empresariais no sector eólico galego. Unha análise do seu grao de desenvolvemento, 2010.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Redacción (11 de xuño de 2011). "Arbo, los independientes aúpan al BNG". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 16 de outubro de 2023. 
  2. Palleiro, V. (12 de xuño de 2011). "El nacionalista Xavier Simón alternará la Alcaldía de Arbo con los independientes". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 16 de outubro de 2023. 
  3. Redacción (28 de xuño de 2014). "El PP arrebata la Alcaldía de Arbo al BNG con una moción". laregion.es (en castelán). Consultado o 16 de outubro de 2023. 
  4. "El ex alcalde de Arbo, Xavier Simón, deja su acta de concejal tras 24 años en activo". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-09-24. Consultado o 2023-10-16. 
  5. P., D. (16 de setembro de 2022). "Xavier Simón no repite como candidato de Agrelar en Arbo". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 16 de outubro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Manuel Rivera Domínguez
 
Alcalde de Arbo
 
2011 - 2014
Sucesor:
Horacio Gil Expósito