O Rosal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: cbk-zam:O Rosal, ru:О-Росаль
PixelBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Elimino: cbk-zam:O Rosal
Liña 117: Liña 117:
[[ar:إل روسال]]
[[ar:إل روسال]]
[[ca:O Rosal]]
[[ca:O Rosal]]
[[cbk-zam:O Rosal]]
[[de:O Rosal]]
[[de:O Rosal]]
[[en:O Rosal]]
[[en:O Rosal]]

Revisión como estaba o 3 de marzo de 2013 ás 13:27

O Rosal
Bandeira do Rosal
Escudo do Rosal
Casa consistorial, nun pazo do século XVIII.
Situación
Xentilicio[1]rosaleiro/a
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Baixo Miño
Poboación6.595 hab. (2010)[2][3]
Área44,1 km²[3]
Densidade149,55 hab./km²
Entidades de poboación4 parroquias[4]
Capital do concelloO Rosal
Política (2011)
AlcaldeJesús María Fernández Portela (PP)
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 2
Outros: -
Eleccións municipais no Rosal
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes96,21%
Na rede
Páxina do concello de O Rosal
Páxina de turismo do concello de O Rosal
Facebook: concellodorosal Twitter: concellodorosal Instagram: concellodorosal Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Rosal é un concello situado ó suroeste da provincia de Pontevedra. Pertence á comarca do Baixo Miño, situándose á beira da desembocadura do río Miño.

Segundo o IGE, no 2010 tiña unha poboación de 6.595 habitantes.

Evolución da poboación de O Rosal   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5.225 5.302 5.679 5.558 5.992 6.595
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

A súa economía é eminentemente agrícola, forestal e gandeira (pastos), con algo de pesca de baixura. Son afamados os seus viños, que pertencen á Denominación de Orixe Rías Baixas.

Historia

Atopáronse vestixios paleolíticos, que inclúen pinturas rupestres, e da Idade do Bronce. A cultura castrexa estivo moi presente nesta zona.

Durante a Idade Media pertenceu ó Mosteiro de Santa María de Oia, da orde Cisterciense.

O concello constituíuse en 1847, independizándose do da Guarda. En 1879 o rei Afonso XII outorgoulle o título de vila.

Patrimonio

Os muíños do Folón e do Picón é un conxunto de 36 muíños do século XVIII situados nos ríos Folón e Picón, todos eles restaurados e mesmo algún en funcionamento. Preto do lugar atópanse a ermida de San Martiño e as fervenzas do río Folón e do río da Cal. Pódense visitar percorrendo a ruta homologada de sendeirismo PR-G 94, roteiro circular de 3'5 km con principio e fin xunto ó Muíño da Ponte das Penas.

O monumento ao cabaqueiro lembra os telleiros da vila, que crearon a xerga denominada latín dos cabaqueiros.

A casa consistorial ocupa un pazo do século XVIII.

Alcaldes

Colexios

  • CPI Manuel Suárez Marquier (1977).
  • CRA María Zambrano: Sede en Pías. 6 edificios (Marzán, Pías, Couso, Fornelos, Novás, Tabagón)

Deporte

  • S. D. Atlético Novás (balonmán).
  • Unión Deportiva Ribera (fútbol).
  • Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores SL.
  • Atletismo Suárez Marquier [1]

Música

  • Banda Municipal do Rosal.
  • Coral Musical do Rosal.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do Rosal.

Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Rosal

As Eiras (San Bartolomeu) | O Rosal (Santa Mariña) | San Miguel de Tabagón (San Miguel) | Tabagón (San Xoán)

Lugares do Rosal

Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Rosal vexa: Lugares do Rosal.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "O Rosal".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.