Philadelphia Union

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Philadelphia Union
NomePhiladelphia Union
Alcume(s)The U, Philly
Fundación2008
EstadioTalen Energy Stadium
Chester, Pensilvania
Estados Unidos
Inauguración27/06/2010 [1]
Capacidade18,500
PropietarioKeystone S&E
Adestrador Jim Curtin
LigaMajor League Soccer
2015Leste: 6º
Global: 13º
Playoffs: Primeira ronda
Na rede
http://www.philadelphiaunion.com/
Facebook: philadelphiaunion Twitter: PhilaUnion Instagram: philaunion LinkedIn: philadelphia-union Youtube: UCa27XgnHniWKfXcEDGfwIgA Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

O Philadelphia Union é un club de fútbol profesional que xoga na Major League Soccer. É o equipo da cidade de Filadelfia e xoga os seus partidos en Chester, Pensilvania polo que xoga na Conferencia Leste. A franquía xoga na MLS dende o ano 2010 .[2] As cores principais do equipo son o azul mariño e o ouro, a súa segunda equipación é branca con detalles cas cores principais do club.

Historia[editar | editar a fonte]

Nacemento[editar | editar a fonte]

A creación desta franquía provocouse polo traballo dos seus siareiros. En 2007 os amantes do fútbol da cidade de Filadelfia crearon a asociación Fillos de Ben, esta asociación tiña como propósito crear un equipo da MLS na cidade. O traballo da asociación deu fruto no ano 2009 cando anunciabase a creación do Philadelphia Union e a súa estrea na tempada 2010. O nome "Unión" representa a unión entre as 13 colonias durante a guerra de independencia, e as súas cores —azul mariño e ouro— son un tributo ós uniformes do Exército Continental.[3]

Primeiras tempadas[editar | editar a fonte]

No primeiro ano a franquía rematou na décimo cuarta posición, comezaron a tempada xogando no Lincoln Financial Field e remataron no PPL Park, nos dous estadios os seareiros responderon cunha gran asistencia. A pesar da mala campaña dos de Filadelfia cabe destacar a gran tempada do francés Sebastien Le Toux que marcou 14 goles e deu 11 asistencias e foi nomeado coma MVP do equipo.[4] Tras a tempada de adaptación, no ano 2011 o The U rematou terceiro na súa conferencia e clasificouse por vez primeira ós playoffs, pero non lograron superar o Houston Dynamo nas semifinais de conferencia. Este ano de novo brillou o xogo do francés Sebastien Le Toux.[5]

Tras a que fóra a primeira aparición nos playoffs da franquía, as expectativas eran altas para o Philadelphia Union na tempada de 2012. Pero o ano comezou mal coa marcha da estrela Le Toux, e seguiu cós malos resultados do equipo que provocaron o despido de Peter Nowak e chegou Jason Hackworth. O xogador máis destacado foi Carlos Valdés que foi seleccionado para xogar o MLS All-Star Game.[6] No 2013 volveu Le Toux o equipo, acompañado por outros veteranos e algunhas xoves promesas. O equipo comezou o campionato con bos resultados e na parte alta na táboa, pero un mal remate de tempada deixou a posibilidade para o Philly a tan só tres puntos.[7]

No ano 2014 a racha de resultados foi o contrario que o ano anterior, o equipou empezou moi mal o que provocou o despido de Jason Hackworth, despois da chegada do novo adestrador, Jim Curtin os resultados melloraron e remataron nun decente sexto posto, pero de novo fóra dos playoffs. O ano seguinte a franquía volveu quedar fóra dos playoffs, a pesar da ampliación da clasificacións os playoffs de seis equipos por conferencias, xa que The U remataron novenos. Na sexta tempada do equipo na MLS, o Philadelphia Union logrou a súa segunda clasificación ós playoffs pero non foron capaz de superar ó Toronto FC na primeira ronda.

Xogadores[editar | editar a fonte]

*Actualizada a 21 de novembro de 2016[8][9]

Posto País Xogador
1 POR Andre Blake
2 MED Güiana Warren Creavalle
3 DEF Taylor Washington
4 DEF Ken Tribbett
6 MED Países Baixos Roland Alberg
7 MED Brian Carroll
8 MED Maurice Edu
9 DEL Charlie Davies
10 MED Suíza Tranquillo Barnetta
11 MED Alejandro Bedoya
12 DEF Keegan Rosenberry
13 DEL Chris Pontius
14 DEL Alemaña Fabian Herbers
15 DEF Joshua Yaro
16 DEF Richie Marquez
Posto País Xogador
17 DEL C.J. Sapong
18 MED Eric Ayuk
19 MED Cole Missimo
20 DEL Wálter Restrepo
21 MED Derrick Jones
22 MED Leo Fernandes
23 DEF Anderson Conceição
24 POR Inglaterra Matt Jones
25 MED Ilsinho
26 DEF Auston Trusty
27 POR John McCarthy
28 DEF Raymon Gaddis
32 MED Alemaña Kevin Kratz
33 DEF Fábinho

†Este xogador está cedido polo Tombense Futebol Clube.

‡Este xogador está cedido polo Os Belenenses.

¶Este xogador está cedido polo Atlanta United FC.

Récords[editar | editar a fonte]

Clasificación de goleadores[editar | editar a fonte]

Actualizado a 7 de xaneiro de 2017[10]

Nome Partidos Goles
1 Francia Sébastien Le Toux 189 53
2 Estados Unidos Jack McInerney 101 28
3 Estados Unidos Conor Casey 76 21
4 Estados Unidos C. J. Sapong 64 16
5 Estados Unidos Chris Pontius 36 14
6 Danny Mwanga 63 12
7 Países Baixos Roland Alberg 32 11
8 Estados Unidos Freddy Adu 41 10
9 Estados Unidos Andrew Wenger 60 9
10 Francia Vincent Nogueira 72 9

En grosa os xogadores que aínda seguen no cadro de xogadores actual

Ránking máis partidos[editar | editar a fonte]

Actualizado a 7 de xaneiro de 2017[11]

Nome Partidos
1 Francia Sébastien Le Toux 189
2 Estados Unidos Brian Carrol 179
3 Estados Unidos Sheanon Williams 152
4 Estados Unidos Raymon Gaddis 132
5 Estados Unidos Amobi Okugo 124
6 Estados Unidos Zac MacMath 110
7 Estados Unidos Jack McInerney 101
8 Fábinho 98
9 Estados Unidos Michael Farfán 90
10 Carlos Valdés 78

En grosa os xogadores que aínda seguen no cadro de xogadores actual

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.philadelphiaunion.com/stadium/about
  2. "Historia do Club" (en inglés). Consultado o 24 de febreiro de 2019. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2016. Consultado o 03 de novembro de 2016. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2016. Consultado o 03 de novembro de 2016. 
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2016. Consultado o 03 de novembro de 2016. 
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2016. Consultado o 03 de novembro de 2016. 
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2016. Consultado o 03 de novembro de 2016. 
  8. http://www.philadelphiaunion.com/players
  9. "Philadelphia Union - Perfil del club". www.transfermarkt.es (en castelán). Consultado o 2019-02-24. 
  10. "Philadelphia Union - Récord de goles marcados". www.transfermarkt.es (en castelán). Consultado o 2019-02-24. 
  11. "Philadelphia Union - Jugador récord". www.transfermarkt.es (en castelán). Consultado o 2019-02-24.