Nino Vaccarella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nino Vaccarella (86 anos)
Vaccarella, Nino 1972-07-07.jpg
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Italia Italia
Anos en activo 3 (1961-1962, 1965)
Escudería(s) Ferrari, De Tomaso non oficial, Lotus, Porsche
Grandes Premios disputados 5 (4 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio de Italia de 1961
Derradeiro GP Gran Premio de Italia de 1965


Vaccarella nos 1000km Nürburgring de 1970 nun Ferrari 512S.

Nino Vaccarella nado o 4 de marzo de 1933 en Palermo, Sicilia é un piloto italiano de Fórmula Un.

Os seus principais logros inclúen gañar as 24 Horas de Le Mans de 1964 e a Targa Florio en 1965, 1971 e 1975, cando xa non era un evento do Campionato do Mundo de Resistencia.

Andaina nos coches deportivos[editar | editar a fonte]

Vaccarella, nado en Sicilia, era coñecido por ser un especialista na Targa Florio. Segundo Vic Elford, coñecía os camiños de Sicilia como o dorso da súa man. Compañeiro de Umberto Maglioli na Targa Florio de 1960 nun Maserati birdcage, propiedade do equipo Camoradi. Maglioli gañara anteriormente a carreira dúas veces. Vaccarella fora un mestre de escola en Palermo cunha gran paixón polo automobilismo. Tomaron a dianteira na tarde do 8 de maio e mantivérona durante tres voltas ata que o coche rompeu. O evento foi gañado por Joakim Bonnier e Hans Herrmann nun pequeno Porsche prateado.[1] Emparellado con Lorenzo Bandini na Targa Florio de 1965 gañaron cunha velocidade media de 101 quilómetros por hora, terminando en 7 horas 1 minuto e 12.4 segundos.[2] En 1966, Vaccarella e Bandini lideraron a maior parte da carreira ata que o seu Ferrari 330 saíuse da pista logo de sete voltas e quedou demasiado danado para continuar.[3] Mentres axitaba a man para saudar á multitude, Vaccarella veu un muro coa inscrición Viva Nino.[4] Maglioli e Vaccarella levaron un Ford GT-40 ao quinto lugar nas 12 Horas de Sebring de 1967.[5] A edición do 8 de maio de 1968 do Giornale Di Sicilia proclamou no seu título, Só Vaccarella podía facer o milagre. O significado tiña que ver coa gran tarefa do piloto siciliano ao lograr a vitoria na Targa Florio no seu Alfa Romeo de 2.5 litros, chamado "Tipo 33". Enfrontouse a catro competidores alemáns que pilotaban modelos Porsche 910. Os Porsches arrasaran recentemente nas carreiras de resistencia en Daytona e Sebring. Poucos expertos daban aos catro Alfa Romeos unha oportunidade contra os "perfectos" Porsches, pero os sicilianos confiaban na habilidade da condución de Vaccarella.[4] Vaccarella cualificou oitavo nas 24 Horas de Daytona nun Ferrari 512S. Tamén pilotou o Ferrari 512S con motor V12 nun esforzo heroico pero con todo finalmente perdeu en 1970, danando o coche nas etapas finais. Esta foi un dunha serie de 11 carreiras de resistencia celebrados en Europa e Norteamérica para o campionato mundial de construtores de 1970.[6] Vaccarella e Toine Hezemans gañaron a Targa Florio de 1971 nun Alfa Romeo. Cruzaron a liña de meta un minuto antes que Andrea de Adamich e Gijs van Lennep, que tamén pilotaban un Alfa Romeo. Esta carreira terminou co dominio de Porsche, que terminara primeiro nas anteriores cinco carreiras da Targa Florio.[7] Vaccarella competiu nas 12 Horas de Sebring de 1972 nun dos catro Alfa Romeo 33/3TT da carreira. O seu compañeiro de condución foi Nanni Galli.[8] Clasificáronse quintos detrás doutro Alfa Romeo de Rolf Stommelen e Peter Revson, que comezou terceiro.[9]

Fórmula Un[editar | editar a fonte]

Vacarella foi seleccionado para o equipo Ferrari de Fórmula Un de 1962 por Enzo Ferrari. Uniuse a John Surtees, Mike Parkes, Willy Mairesse, Bandini, e Ludovico Scarfiotti. Participou en cinco Grandes Premios do Campionato Mundial, debutando o 10 de setembro de 1961. Non anotou puntos de campionato. Tamén participou en varias carreiras da da fórmula 1 fora do campionato.[10]

Rexistro de carreiras[editar | editar a fonte]

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Pos. Puntos
1961 Scuderia Serenissima De Tomaso F1 Alfa Romeo
4 en liña
MON NED BEL FRA GBR ALE ITA
Ret
USA NC 0
1962 Scuderia SSS Republica di Venezia Lotus 18/21 Climax 4 en liña NED MON
NSC
BEL FRA GBR NC 0
Porsche 718 Porsche 4 en liña ALE
15
Lotus 24 Climax V8 ITA
9
USA RSA
1965 Scuderia Ferrari SpA SEFAC Ferrari 158 Ferrari V8 RSA MON BEL FRA GBR NED ALE ITA
12
USA MEX NC 0

Resultados fora do Campionato[editar | editar a fonte]

(Chave) (Carreiras en grosa indican pole position) (Carreiras en cursiva indican volta rápida)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21
1961 Scuderia Serenissima De Tomaso F1 Alfa Romeo L4 LOM GLV PAU BRX VIE AIN SYR NAP LON SIL SOL KAN DAN MOD
NSC
FLG OUL LEW
Cooper T51 Maserati L4 VAL
3
RAN NAT RSA
1962 Scuderia SSS Republica di Venezia Lotus 18/21 Climax L4 CAP BRX
NSC
LOM LAV GLV PAU
6
AIN INT
Ret
NAP MAL CLP RMS MED
Ret
DAN OUL MEX RAN NAT
Porsche 718 Porsche F4 SOL
WD
KAN

Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans[editar | editar a fonte]

Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Voltas Pos. Clase
Pos.
1961 Italia Scuderia Serenissima Italia Ludovico Scarfiotti Maserati Tipo 63 S 3.0 53 Ret Ret
1962 Italia Scuderia SSS Republica di Venezia Italia Giorgio Scarlatti Ferrari 250 GTO GT 3.0 172 Ret Ret
1964 Italia SpA Ferrari SEFAC Francia Jean Guichet Ferrari 275P P 5.0 349
1965 Flag of the United States.svg North American Racing Team Flag of Mexico.svg Pedro Rodríguez Ferrari 365 P1/P2 Spyder P 5.0 320
1966 Italia Scuderia San Marco
Flag of the United States.svg North American Racing Team
Italia Mario Casoni Ferrari Dino 206S P 2.0 7 Ret Ret
1967 Italia SpA Ferrari SEFAC Flag of New Zealand.svg Chris Amon Ferrari 330 P3 Spyder P 5.0 105 Ret Ret
1968 Italia Autodelta SpA Italia Giancarlo Baghetti Alfa Romeo T33/2 P 2.0 150 Ret Ret
1969 Francia Equipe Matra - Elf Francia Jean Guichet Matra-Simca MS630 P 3.0 359
1970 Italia SpA Ferrari SEFAC Italia Ignazio Giunti Ferrari 512S S 5.0 7 Ret Ret
1971 España Escuderia Montjuich España José Juncadella Ferrari 512M S 5.0 Ret Ret
1972 Italia Autodelta SpA Italia Andrea de Adamich Alfa Romeo Tipo 33TT3 S 3.0 307

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bonnier and Herrman Capture 450-Mile Targa Florio in 7:33:8, New York Times, 9 de maio de 1960, Page 37.
  2. 100,000 In Sicily See Famed Event, New York Times, 10 de maio de 1965, Page 46
  3. Mairesse First In Targa Florio, New York Times, 9 de maio de 1966, Page 74
  4. 4,0 4,1 Vaccarella Will Carry Hopes Of Sicilian Auto Fans Today, New York Times, 5 de maio de 1968, Page S27.
  5. Ford's No. 2 Car Is Given 2nd Place, New York Times, 3 de abril de 1967, Page 44
  6. Porsches Capture Next Three Spots, New York Times, 31 de xaneiro de 1970, Page 40
  7. Italian Driver Is Killed in Race Won by Vaccarella-Hezemans, New York Times, 17 de maio de 1971, Page 49
  8. Three Ferrari Teams to Seek Endurance Honors at Sebring, New York Times, 19 de marzo de 1972, Page S15.
  9. Andretti Captures Pole at Sebring With Lap Record, New York Times, 25 de marzo de 1972, Page 24.
  10. Ferrari Team Named, New York Times, 2 de decembro de 1962, Page 253.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]