Carlos Muiños Reboredo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlos Dula
Información persoal
Nome completo Carlos Muiños Reboredo
Nacemento 17 de agosto de 1941 (64 anos)
Nacionalidade España
Posición Dianteiro
Número 1955-1957
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1957-1959 CD Choco
1959-1960 Zeltia Porriño
1960-1962 Celta de Vigo
1960-1962CD Choco Cedido
1962-1964 Pontevedra CF 5 (0)
1964-1969 Racing de Ferrol
CD Choco
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Carlos Muiños Reboredo, tamén coñecido coma Carlos Dula, nado o 17 de agosto de 1941 en Redondela é un ex-futbolista galego que xogaba na demarcación de dianteiro. É primo do tamén futbolista Germán Muíños.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar a fútbol en varios equipos infantís de Redondela o mesmo tempo que practicaba outros deportes coma a natación é o waterpolo, chegando a ser campión galego dos 200 m bolboreta en 1957.

En 1955 pasou a formar parte do equipo xuvenil do CD Choco, co que participou no campionato de España de 1957. Ese mesmo ano acadou o subcampionato galego de afeccionados co equipo sénior do club. Tras un ano no Zeltia de Porriño ficha polo Celta de Vigo no ano 1960, porén antes de comezar a tempada sae cedido ao seu club de orixe, o Choco CD recentemente ascendido á Terceira División, o ano seguinte repetiría cesión co mesmo detino.

No verán de 1962 ficha polo Pontevedra CF, equipo co que acada o ascenso a Primeira División e consegue debutar na máxima categoría a pesar de non contar con demasiadas oportunidades. En 1964 pasa ao Racing de Ferrol, no que milita durante cinco tempadas, ao final das cales ficha polo CD Choco onde se retira do fútbol.

Vexase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]