Tiña unha superficie de 120 hectáreas, foi visitada por 50860801 persoas, participaron 58 países e tivo un custo total de 18746186 dólares.
A estación de Orsay (agora Museo de Orsay), o Petit Palais, o Grand Palais e a ponte Alexandre III foron construídos para celebrar a exposición universal. O Petit Palais e o Grand Palais foron construídos sobre a localización do Palacio da Industria, o froito dunha exposición precedente (1855).
Unha gran noria foi construída na avenida de Suffren. Tiña un diámetro de 100 metros e foi demolida en 1937.