Cambodja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Camboia")
ព្រះរាជាណាចក្រកម្ពុជា
Preăh Réachéanachâkr Kâmpŭchea
Reino de Cambodja
Bandeira de Cambodja Escudo de Cambodja
Bandeira Escudo
Lema: Nación – Relixión – Rei
Himno nacional: Nokoreach
 
Cambodia on the globe (Cambodia centered).svg
 
Capital
 • Poboación
Phnom Penh
1 407 100 hab. (2006)
Cidade máis poboada Phnom Penh
Linguas oficiais
Khmer
Forma de goberno Monarquía constitucional
Norodom Sihamoní
Hun Sen
Independencia
- declarada
- recoñecida
de Francia
1949
9 de novembro de 1953
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 89º
181.040 km²
2,5 %
2.572 km km
443 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 62º
13 636 398
71 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 89º
US$ 37 530 000.000
US$ 2.534
IDH (2007) 0,598 (131º) – medio
Moeda Riel (KHR)
Xentilicio Cambodjano, cambodjana[1]
camboxano, camboxana[2]
Fuso horario
 • en verán
UTC + 7
non aplica
Dominio de Internet .kh
Prefixo telefónico +855
Prefixo radiofónico XUA-XUZ
Código ISO 116 / KHM / KH
Membro de: ONU, ASEAN
Tódolos países do mundo
Este artigo amosa escritos khmer. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Cambodja,[1][2] Cambodia[3] ou Camboxa,[4] oficialmente Reino de Cambodja (khmer: ព្រះរាជាណាចក្រកម្ពុជា, Preăh Réachéanachâkr Kâmpŭchea), é un país asiático situado en Indochina, limita ó norte con Laos, ó leste e ó sur con Vietnam, ó oeste co Golfo de Tailandia e ó oeste e ó norte con Tailandia.

Historia[editar | editar a fonte]

Antigo protectorado francés integrado en Indochina, Cambodja obtivo a independencia o 9 de novembro de 1953, ao fin da guerra de Indochina. Cunha monarquía constitucional (desde 1947) dirixida polo rei Norodom Sihanouk, o país seguiu unha política de neutralidade na guerra do Vietnam, mais en realidade sostivo ao Vietnam do Norte desde 1966, deixando transitar polo seu territorio as tropas do Fronte de liberación do Vietnam do Sur.

Sofre á partir do 1967-68 unha insurrección fomentada polos Khmeres Vermellos, rebeldes comunistas de inspiración maoísta, cunha economía que vai de mal en peor baixo o peso da corrupción organizada pola súa familia, Norodom Sihanouk, resolve retomar a axuda americana, dándolle o cargo de primeiro ministro (14 de agosto de 1969) ao xeneral Lon Nol, coñecido polo seu anticomunismo e pola súa opción pola economía de mercado. Lon Nol, posto polo príncipe Sirik Matak, da rama Sisowth, envía a Sihanouk ao estranxeiro, o 18 de marzo de 1970, a Moscova e Pequín. Convertido en aliado das Estados Unidos, Cambodja é entón integrada na estratexia de acoso do comunismo en Asia do Sueste. Co apoio do Viet Minh, os Khmeres Vermellos pro Vietnamitas fan unha verdadeira guerra contra as forzas do goberno e houberon de gañar despois de que os Estados unidos non interveñen e tentan de salvar o réxime republicano (abril-xuño 1970). Mais no 1973 os Estados Unidos vanse da rexión, os seus bombardeos aéreos non puideron deter a ameaza comunista. Cando o Vietnam do Norte vai gañar a guerra contra o Vietnam do Sur, os Khmeres Vermellos axudados polo Viêtcong toman Phnom Penh o 17 de abril de 1975.

A « Angkar » (organización) das Khmeres Vermellos aplica unha política maximalista, máis radical aínda que as soviéticas e as maoístas, con visos a purificar o país da civilización urbana. As cidades, á imaxe de Phnom Penh na noite do 17 ao 18 abril 1975, son baleiradas dos seus habitantes, enviados a reeducación ao campo. A eliminación sistemática das antigas elites francés-falantes, engadida á desnutrición e ás doenzas producen un verdadeiro xenocidio: máis dun millón de persoas morren, ou sexa dous sétimos da poboación total de Cambodja. A economía está inadaptada e é incapaz de acadar o desenvolvemento.

No 1979 os Vietnamitas, aproveitando a autodestrución khmer e a inercia internacional, instalan un pseudo-goberno monicreque, baixo a dirección nominal de Pen Sovan, Heng Samrin, caa Sim, Hun e reorganizan o país segundo o modelo lao e vietnamita. Despois da súa saída, o réxime reatopa pouco a pouco un aire de autonomía. O primeiro ministro actual Hun Sen, posto polo Vietnam, dirixe o país desde este período, con 3 eleccións sucesivas trucadas, e o rei Norodom Sihanouk, reposto como xefe do estado, abdica unha segunda vez, no seu fillo Norodom Sihamoni.

Política[editar | editar a fonte]

Cambodja é membro da ASEAN (Association of Southeast Asian Nations).

Xeografía[editar | editar a fonte]

País de Asia do Sueste, Cambodja limita con Tailandia, Laos e Vietnam. A súa superficie é de 181.035 km² e a súa costa marítima, con 443 km, dá ao golfo de Tailandia.

Illas[editar | editar a fonte]

Hidrografía[editar | editar a fonte]

A capital, Phnom Penh, está situada sobre o principal rio do país, o Mekong, ao nivel do seu delta. Este río comeza no Tíbet e atravesa a metade de Cambodja antes de xuntarse ao Vietnam onde se lanza ao mar de China. O lago meirande do país é o Tonlé Sap (en cambodjano, gran lago) formado pola inundación dunha vaste plana durante a estación das choivas (aproximadamente 300 km² durante a estación seca, e ata 10 000 km² durante a estación das choivas).

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Cambodia está dividida en 21 províncias (khet) e 4 municipios con status de província (krong). As províncias están subdivididas en distritos (srok), que están, a súa vez, subdivididos en comunas (khum). Os municipios están subdivididos en secións (khan), que están, a súa vez, subdivididas en barrios (sangkat).

A capital do país, Phnom Penh, non é unha província, é unha área administrativa especial. Entre tanto, está incluída como a 25º província, unha vez que é administrada ao mesmo nível que as outras 24 províncias. O nome das províncias son os mesmos que o das súas respectivas capitais, coa excepción de Banteay Meanchey, Kandal, Mondulkiri, Oddar Meanchey, Rattanakiri, Koh Kong, Kampong Thom, Takéo e Kampong Speu. A provincia máis nova creada entre as subdivisión cambodianas, é Tbong Khmum, craada a través dun decreto real asinado o 31 de decembro de 2013 polo rei Norodom Sihamoni. Foi separada da província de Kampong Cham, estando formada por 6 distritos.[5]

Cambodia, administrative divisions - de - colored, 2013.svg
Number Provincia Capital Area (km²) Poboación
1 Banteay Meanchey Sisophon 6,679 678,033
2 Battambang Battambang 11,702 1,036,523
3 Kampong Cham Kampong Cham 4,549 1,010,098
4 Kampong Chhnang Kampong Chhnang 5,521 472,616
5 Kampong Speu Kampong Speu 7,017 718,008
6 Kampong Thom Kampong Thom 13,814 908,398
7 Kampot Kampot 4,873 585,110
8 Kandal Ta Khmao 3,568 1,265,805
9 Kep Krong Kep 336 80,208
10 Koh Kong Koh Kong 11,160 139,722
11 Kracheh Kracheh 11,094 318,523
12 Mondulkiri Senmonorom 14,288 60,811
13 Oddar Meanchey Samraong 6,158 185,443
14 Pailin Pailin 803 70,482
15 Phnom Penh Phnom Penh 758 2,234,566
16 Preah Sihanouk Sihanoukville 2,536.68 199,902
17 Preah Vihear Tbeng Meanchey 13,788 170,852
18 Pursat Pursat 12,692 397,107
19 Prey Veng Prey Veng 4,883 947,357
20 Ratanakiri Banlung 10,782 567,459
21 Siem Reap Siem Reap 10,229 1,000,309
22 Stung Treng Stung Treng 11,092 111,734
23 Svay Rieng Svay Rieng 2,966 498,785
24 Takéo Takéo 3,563 843,931
25 Tbong Khmum[6] Tbong Khmum 4,928 754,000

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Cambodja.

Datos[editar | editar a fonte]

Poboación : 13 124 764 habitantes (en 2003). 0-14 anos: 41,25 %; 15-64 anos: 55,28 %; + 65 anos: 3,47 % (en 2001)
Superficie : 181 035 km²
Densidade : 69 hab./km²
Fronteiras terrestres : 2 572 km (Vietnam 1 228 km; Tailandia 803 km; Laos 541 km)
Litoral : 443 km
Extremidades de altitude : 0 m > + 1 813 m (Phnom Aoral)
Esperanza de vida das homes : 55 anos (en 2001)
Esperanza de vida das mulleres : 59 anos (en 2001)
Taxa de crecemento da poboación : 2,25 % (en 2001)
Taxa de natalidade : 33,16 ‰ (en 2001)
Taxa de mortalidade : 10,65 ‰ (en 2001)
Taxa de mortalidade infantil : 65,41 ‰ (en 2001)
Taxa de fecundidade : 4,7 nenos/muller (en 2001)
Taxa de migración : 0 ? (en 2001)
Independencia : 9 de novembro de 1953 (antiga colonia francesa)
Liñas de telefono : 21 800 (en 1998)
Teléfonos móbiles : 80 000 (en 2000)
Radios: 1,34 millón (en 1997)
televisores : 94 000 (en 1997)
Número de provedores de acceso a Internet : 2 (en 2000)
Rutas : 35 769 km (dan 4 165 km asfaltadas) (en 1997)
Vías ferrocarril : 603 km
Vías navegábeis : 3 700 km
Número de aeroportos : 19 (6 con pistas asfaltadas) (en 2000)

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cambodjano.
  2. 2,0 2,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para khmer.
  3. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1442. ISBN 9788482893419. 
  4. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524. 
  5. Modelo:Citar web
  6. Mom Kunthear. "Kampong Cham's great divide". Phnom Penh Post. Consultado o 28 October 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cambodja

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]