Provincia de Siem Reap

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa da provincia de Siem Reap.

A provincia de Siem Riep (en khmer: សៀមរាប) é unha provincia do Reino de Camboxa localizada no noroeste do país e cuxa capital é a Cidade de Siem Reap. A tradución do nome é: Siem refírese a siamés, de Siam, é dicir, tailandés e Reap tradúcese como "caída, derrota", é dicir, "A derrota dos tailandeses".

Xeografía[editar | editar a fonte]

A provincia conta cun aeroporto que a comunica co Aeroporto Internacional de Pochengton en Phnom Penh e co Aeroporto Internacional de Bangkok. Forma parte da chaira camboxana e o seu sur está bordeado polo lago Sap, unha importante reserva en pesca e fauna acuática. A provincia é ademais rica nun complexo arqueolóxico que se conecta por todo o seu territorio e que é a principal atracción. Ten unha superficie de 10.299 km², que en termos de extensión é similar á do Líbano.