Angkor
Angkor | |
---|---|
![]() A ponte naga de Angkor Wat ao amencer. | |
Templo de Angkor Wat en Camboya.JPG Angkor Wat, un dos templos de Angkor. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, II, III, IV |
Inscrición | 1992 (16ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Asia e o Pacífico |
Identificador | 668 |
Angkor é un nome asociado á rexión de Camboxa na que se asentou o Imperio Khmer, que tivo o seu apoxeo entre os séculos IX e XV da nosa era. O período de Angkor pode definirse coma o período dende 802, cando o monarca Khmer hinduísta Jayavarman II se autodeclarou "monarca universal" e "rei divino" de Camboxa, ata 1431, cando os invasores tailandeses saquearon a capital Khmer, provocando que a súa poboación tivese que migrar á área meridional de Phnom Penh.
As ruínas de Angkor localízanse entre fragas e terras de labranza ao norte do Gran Lago (Tonle Sap) e o sur das Montañas Kulen, preto da actual Siem Reap. Foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Os templos da área correspondente a Angkor superan o centenar, abarcando dende ruínas pouco definidas esparexidas nos campos de arroz ata a magnífica Angkor Wat, da que din é o monumento relixioso individual máis grande do mundo. Moitos dos templos de Angkor foron restaurados, e no seu conxunto constitúen as obras máis significativas da arquitectura Khmer. Son visitados anualmente por preto de dous millóns de persoas.
A área componse de varias localizacións arqueolóxicas de grande importancia:
- Angkor Thom.
- Angkor Wat.
- Baksei Chamkrong.
- Banteay Kdei.
- Banteay Samre.
- Banteay Srei.
- Baphuon.
- Chau Say Tevoda.
- Krol Ko.
- Neak Pean.
- Phimeanakas.
- Phnom Bakheng.
- Phnom Krom.
- Preah Khan.
- Preah Ko.
- Preah Rup.
- Spean Thma.
- Ta Som.
- Ta Keo.
- Thommanon.
En 2007 un equipo internacional de investigadores concluíu, mediante fotografías tomadas por satélite e outras técnicas modernas, que Angkor foi a meirande cidade preindustrial do mundo cunha expansión urbana de máis de 3.000 km². A segunda desta lista, a cidade maia de Tikal (Guatemala) tiña entre 100 e 150 km².
Angkor participou na elección das Novas sete marabillas do mundo como unha das 21 finalistas, aínda que finalmente non foi elixida.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Angkor ![]() |