Nicolao I de Rusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nicolao I de Rusia
Emperador e Autócrata de Todas as Rusias
Zar Nikolaus 1.jpg
Nicolao I de Rusia
Reinado 1 de decembro de 1825 - 2 de marzo de 1855
Nacemento 6 de xullo de 1796
Gátchina, Flag of Russia.svg Imperio Ruso
Falecemento 2 de marzo de 1855
San Petersburgo, Flag of Russia.svg Imperio Ruso
Predecesor Alexandre I de Rusia
Sucesor Alexandre II de Rusia
Cónxuxe/s Alexandra Feodorovna
Dinastía Romanov
Pai Paulo I de Rusia
Nai Maria Feodorovna
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Nicolao I Pavlovich (en ruso: Николай I Павлович), Gátchina, 6 de xullo de 1796San Petersburgo, 2 de marzo de 1855) foi tsar de Rusia e rei de Polonia trala morte do seu irmán máis vello, Alexandre I en 1825.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Durante o seu goberno tentou eliminar os movementos nacionalistas, perpetuar os privilexios do estamento aristocrático e impedir o avance do liberalismo. Tamén reprimiu a insurrección decembrista en 1825 e apoiou a Austria a controlar a revolta húngara de 1848, o que lle valeu o alcume do xendarme de Europa. Logo da insurección da Polonia coñecida como o Alzamento de Novembro en 1830 e tras unha reiterada negativa súa a aceptar os límites constitucionais fixados polo Sejm polaco, este depúxoo como rei da Polonia o 25 de xaneiro de 1831; Nicolao respondeu esmagando os insurrectos e anexionando Polonia como provincia rusa. Tivo unha política expansionista que comezou dende a guerra de Crimea. Faleceu en San Petersburgo en 1855, antes de que británicos e franceses, aliados do Imperio Otomán na guerra, triunfasen no asedio de Sebastopol, abrindo o camiño ás reformas efectuadas polo seu fillo Alexandre II.

Vida privada[editar | editar a fonte]

Nicolao casouse en 1817 con Carlota de Prusia. Era filla de Federico Guillerme III de Prusia e de Luísa de Mecklemburgo-Strelitz. Nicolao e Carlota tiveron sete fillos:

Moitas fontes afirman que Nicolao non tivo relaciones extramaritais ata despois de 25 anos de matrimonio, en 1842, cando os doutores prohibiron á emperatriz ter relaciones sexuais polo seu mal estado de saúde e frecuentes ataques ao corazón. Aínda así, Nicolao era pai de tres nenos antes de 1842, un deles coa súa máis famosa amante, Bárbara Nelídova.

Con Ana María Carlota de Rutenskiold (1791-1856)

  • Iouzia Koberwein (1825-1923)

Con Bárbara Yákovleva (1803-1831)

  • Olga Carlovna Albrecht (1828-1898)

Con Bárbara Nelídova (m. 1897)

  • Alexis Pashkine (1831-1863)


Predecesor:
Alexandre I
Tsar de Rusia
1825 - 1855
Coat of Arms of Russian Empire.svg
Sucesor:
Alexandre II
Predecesor:
Alexandre I
Rei de Polonia
1825 - 1855
Sucesor:
Alexandre II
Predecesor:
Alexandre I
Gran Ducado de Finlandia
1825 - 1855
Sucesor:
Alexandre II