Lord Byron

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lord Byron
Nome completoGeorge Gordon Byron
Nacemento22 de xaneiro de 1788
Lugar de nacementoCidade de Westminster
Falecemento19 de abril de 1824
Lugar de falecementoMissolonghi
Causasepse
SoterradoNottinghamshire
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Reino de Gran Bretaña
EtniaPobo inglés
Alma máterHarrow School, Trinity College, Universidade de Cambridge e Aberdeen Grammar School
Ocupaciónpoeta, letrista, político, dramaturgo, autobiógrafo, tradutor, militar, autor de diarios, escritor, libretista e aristócrata
PaiJohn Byron
NaiCatherine Gordon Byron
CónxuxeLady Byron e Claire Clairmont
FillosAda Augusta Lovelace, Elizabeth Medora Leigh e Allegra Byron
IrmánsAugusta Leigh
Coñecido porA Peregrinação de Childe Harold, Don Juan e Manfredo
Premiosmembro da Royal Society
Na rede
IMDB: nm0126406 IBDB: 7363
Facebook: LordByron.AcademyofArtsandPhilosophy Galiciana: 38128 Dialnet: 2526924 iTunes: 359267995 Musicbrainz: 63224112-15ae-409d-a072-1528422e6b0a Songkick: 374707 Discogs: 1010134 IMSLP: Category:Byron,_George_Gordon WikiTree: Byron-127 Find a Grave: 9794095 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

George Gordon Byron, 6º barón de Byron (máis coñecido simplemente como Lord Byron), nado en Londres o 22 de xaneiro de 1788 e finado en Missolonghi o 19 de abril de 1824, foi un poeta inglés e un dos escritores máis versátiles e importantes do Romanticismo. Entre os traballos máis coñecidos de Byron están os poemas narrativos Don Juan e Childe Harold's Pilgrimage e o poema curto "She Walks in Beauty". É considerado un dos grandes poetas británicos, así como un dos máis lidos e influentes.

Viaxou para loitar contra o Imperio Otomán na Guerra de independencia de Grecia, polo cal os gregos reverénciano como o seu heroe nacional.[1] Morreu os 36 anos de idade logo de contraer unha febre en Missolonghi, Grecia.

Na súa época, Byron era coñecido polos seus excesos aristocráticos, incluíndo grandes débedas, numerosos namoramentos, murmurios de incesto coa súa medio irmá e o seu exilio autoimposto.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo do capitán John "Mad Jack" Byron e a súa segunda esposa Lady Catherine Gordon. O pequeno George, coxo de nacemento, viviu e estudou na cidade escocesa de Aberdeen ata os 10 anos. De volta en Londres, estudou no colexio de Harrow e a Universidade de Cambridge. En 1798, ao morrer o seu tío avó William, quinto barón Byron, herdou o título e as propiedades.

En 1807 publicouse o seu libro de poemas Hours of Idleness. En 1809 ocupou un escano na cámara dos lords e emprendeu unha viaxe de dous anos por España, Portugal e Grecia.

A publicación en 1812 dos dous primeiros Childe Harold's Pilgrimage, poemas que narran as súas viaxes por Europa, leváronlle á fama. En 1815, ano en que publicou Hebrew Melodies, casou con Anna Isabella Milbanke, quen o abandonou en 1816 tras dar a luz á única filla lexítima do poeta, Augusta Ada. Os rumores sobre as súas relacións incestuosas coa súa media irmá Augusta e as dúbidas sobre a súa cordura provocaron o seu ostracismo social. Amargado profundamente, Byron abandonou Inglaterra en 1816 e nunca volveu.

Viaxes[editar | editar a fonte]

Na España absolutista de Fernando VII e nunha América hispana que loitaba pola súa emancipación, a vida e obra de Byron tiveron unha grande influencia e serviron de inspiración aos poetas do Romanticismo.

En 1824, foi a Grecia a loitar contra os turcos. Alí contraeu malaria. Os médicos preescribíronlle unhas sangrías, ao que el se negou. Días despois, extenuado pola enfermidade e chamándolles carniceiros, permitiu aos médicos sacarlle todo o sangue que desexasen, o dezaseis de abril practicaron a primeira sen bo resultado. Ao día seguinte realizaron outras dúas. Testemuñas presenciais aseguraron que, en total, lle extraeron uns dous litros de sangue.

Obra[editar | editar a fonte]

Byron, 1830

Obras maiores[editar | editar a fonte]

Poemas maiores[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Plomer, William (1970) [1936]. The Diamond of Jannina. New York City: Taplinger Publishing. ISBN 978-0-224-61721-5. Byron had yet to die to make philhellenism generally acceptable. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]