César Cui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
César Cui
Nacemento18 de xaneiro de 1835 e 6 de xaneiro de 1835
Lugar de nacementoVilnius
Falecemento13 de marzo de 1918, 24 de marzo de 1918 e 26 de marzo de 1918
Lugar de falecementoSan Petersburgo
CausaIctus
SoterradoCemitério Tikhvin
NacionalidadeImperio Ruso
Alma máterNikolay engineering school
Ocupacióncompositor, engenheiro militar, escritor, oficial, pianista, crítico musical, militar, enxeñeiro, crítico e musicólogo
Cónxuxevalor descoñecido
IrmánsAleksandr Kyui
Coñecido porMateo Falcone, Feast in Time of Plague, Mademoiselle Fifi, Prisoner of the Caucasus e The Mandarin's Son
PremiosCabaleiro da Orde de Santo Alexandre Nevski, Order of Saint Anna, 1st class, Order of Saint Anna, 2nd class, Order of Saint Anna, 3rd class, Order of the White Eagle, Order of Saint Stanislaus, 1st class, Order of Saint Stanislaus, 2nd class, Order of St. Vladimir, 4th class, Order of Saint Stanislaus, 3rd class, Order of St. Vladimir, 3rd class, Order of St. Vladimir, 2nd class, Order of Saint Stanislaus, Ordem de São Vladimir e comendador da Lexión de Honor
Na rede
Spotify: 0GcJLYsQ88AK13SRdZPIHY Musicbrainz: b83ea81a-bf4e-413d-b3ae-e557f09ea8b7 Discogs: 1044198 IMSLP: Category:Cui,_César Allmusic: mn0001205582 Find a Grave: 4353 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

César Antonovich Cui (ruso: Це́зарь Анто́нович Кюи́), nado en Vilnius o 6 de xaneiroxul./ 18 de xaneiro de 1835greg. e finado en San Petersburgo o 13 de marzo de 1918,[1] foi un compositor e crítico musical ruso de orixe francés, polaco e lituano.[2] A súa profesión era a de oficial das forzas armadas e profesor de teoría da fortificación, e a súa vida non profesional tivo importancia na historia da música. É coñecido como membro do Grupo dos Cinco, grupo de compositores rusos baixo o liderado de Milii Balakirev dedicado á produción de música especificamente de tipo ruso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Educación e carreira[editar | editar a fonte]

Cesarius-Benjaminus (Цезарий-Вениамин) Cui naceu Vilnius, Imperio Ruso, nunha familia católica, sendo o máis novo de cinco irmáns. O seu pai francés, Antoine (que logo rusificou o seu nome como Anton Leonardovich), entrara en Rusia como membro do exército de Napoleón en 1812, establecéndose en Vilnius despois da derrota, e alí casou cunha muller da poboación chamada Julia Gucewicz.[3] Çésar creceu aprendendo francés, ruso, polaco e lituano.[4] Antes de acabar o gymnasium, en 1850 Cui foi enviado a San Petersburgo para preparar a entrada na escola de xefes de enxeñeiros, que fixo o ano seguinte aos 16 anos.[5] En 1855 graduouse da Academia, e tras facer estudos avanzados na Academia de Enxeñaría Nikolaevsky, comezou a súa carreira militar en 1857 como instrutor en fortificacións.[6] Os seus alumnos durante décadas incluíron varios membros da familia imperial, especialmente Nicolao II.[7] Cui chegou a dar clase en tres das academias militares de San Petersburgo.[8] O estudo de Cui sobre fortificacións gañou importancia durante a guerra ruso-turca (1877-1878) e foi fundamental n asúa carreira. Como experto na materia, logro o status académico de profesor en 1880 e o rango de xeneral en 1906.[9] Os seus escritos inclúen libros de textos amplamente empregados con sucesivas edicións.

Vida musical non profesional[editar | editar a fonte]

A pesar dos seus logros como académico militar profesional, Cui é máis coñecido en occidente pola súa "outra" vida musical. De neno en Vilnius recibira clases de piano, estudara a obra de Chopin e comezara a compoñer pequenas pezas aos catorce anos. Nos poucos meses antes de que fose enviado a San Petersburgo, conseguiu recibir leccións de teoría musical co compositor polaco Stanisław Moniuszko, que estaba residindo en Vilnius nesa época.[10][11] A dirección musical de Cui cambiou en 1856, cando coñeceu a Mily Balakirev e comezou a involucrarse na música máis seriamente.[12]

Aínda que compuña música e escribía críticas musicais no seu tempo de lecer, Cui converteuse nun compositor prolífico e autor de folletíns. O seu debut en público como compositor tivo lugar en 1859 coa interpretación do seu Scherzo, Op. 1, baixo a batuta de Anton Rubinstein e os auspicios da Sociedade Musical Rusa.[13] En 1869 levouse a cabo a primeira estrea pública dúnha ópera de Cui, William Ratcliff (baseada na traxedia de Heinrich Heine), mais non tivo un grande éxito, en parte pola dureza dos seus propios escritos na prensa musical.[14][15] Todas as súas óperas agás unha foron compostas con libretos en ruso; a excepción foi Le flibustier (baseada nunha obra de Jean Richepin), estreada na Opéra-Comique de París in 1894, pero que tampouco triunfou.[16] As obras de maior éxito de Cui durante a súa vida foron a ópera cómica nun acto The Mandarin's Son (1878), a de tres actos Prisoner of the Caucasus (1883), baseada nunha obra de Pushkin, e a dun acto Mademoiselle Fifi (1903), baseada en Guy de Maupassant.[17] Ademais de Flibustier, as únicas óperas de Cui estreadas durante a súa vida fora do Imperio Ruso foron Prisoner of the Caucasus (en Liège, 1886) e a ópera infantil Puss in Boots (en Roma, 1915).[18]

Cui entre os artistas do Teatro Bolshoi de Moscova, 1902

As actividades de Cui na vida musical incluían tamén a pertenza ao comité de selección de ópera no teatro Mariinsky; este período rematou en 1833, cando tanto el como Rimskii-Korsakov abandonaron o comité como protesta ao rexeitamento de Khovanshchina, de Musorgskii.[19] Entre 1896 e 1904 foi director da rama de San Petersburgo da Sociedade Musical Rusa.[20]

Entre os moitos músicos que Cui coñeceu na súa vida, Franz Liszt foi dos máis achegados. Liszt estimaba a música dos compositores rusos; para a ópera de Cui William Ratcliff expresou algúns dos maiores eloxios.[21] O libro de Cui La musique en Russie e a Suite pour piano, Op. 21, están dedicados a Liszt. Ademais, a Tarantelle para orquestra, Op. 12 constituíu a base dos últimos arranxos de piano de Liszt.

Dúas personalidades de importancia directa para Cui foron mulleres especialmente dedicadas á súa música. En Bélxica, a condesa de Mercy-Argenteau (1837–1890) foi moi influente facendo posible que se estrease alí Prisoner of the Caucasus en 1885.[22] En Moscova, Mariya Kerzina, co seu home Arkadiy Kerzin, formou en 1896 o Círculo de Amantes da Música Rusa, sociedade de interpretación, que comezou en 1898 para dar un lugar especial á obra de Cui, entre outros compositores rusos, nos seus concertos.[23]

Ao longo da súa vida musical activa, Cui recibiu moitos recoñecementos. A finais da década de 1880 e principios da de 1890, varias sociedades musicais estranxeiras honraron a Cui facéndoo membro das mesmas. Pouco despois da estrea de Le flibustier en París, Cui foi elixido como membro correspondente da Academia Francesa e premiado coa cruz da Légion d'honneur. En 1896 a Real Academia Belga de Literatura e Arte tamén o fixo membro.[24] En 1909 e 1910 realizáronse actos para honrar a Cui polos seus cincuenta anos como compositor.[25]

Familia[editar | editar a fonte]

Tumba de Mal'vina e César Cui no cemiterio Tikhvin de San Petersburgo

Cui casou con Mal'vina Rafailovna Bamberg (Мальвина Рафаиловна Бамберг) en 1858. Coñecéraa na casa de Alexander Dargomyzhsky, de quen ela recibía clases de canto.[26] Entre as obras musicais de Cui dedicadas a ela están o Scherzo, Op. 1 (1857), que emprega temas baseados no nome de solteira da súa esposa (BAmBErG) e as súas propias iniciais (C. C.), e a ópera cómica The Mandarin's Son. César e Mal'vina tiveron dous fillos, Lidiya e Aleksandr. Lidiya, cantante afeccionada, casou e tivo un fillo chamado Yuri Borisovich Amoretti; no período anterior á revolución de outubro Aleksandr foi membro do senado ruso.[27]

Últimos anos e morte[editar | editar a fonte]

En 1916, o compositor volveuse cego, aínda que puido compoñer pequenas pezas ao ditado.[28] Cui faleceu o 13 de marzo de 1918 dunha apoplexía cerebral e foi enterrado xunto á súa dona Mal'vina (que morrera en 1899) no cemiterio luterano Smolensk de San Petersburgo. En 1939 foi enterrado en cemiterio Tikhvin no mosteiro Alexander Nevsky, para que xacese xunto os outros membros do Grupo dos Cinco.[29]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Назаров, А.ф. Цезарь Антонович Кюи (Moscova: Muzyka, 1989), páx. 221.
  2. Como Cui escribiu a Felipe Pedrell en 1897: "Bien que russe, je suis d’origine mi-française, mi-lithuanienne". Véxase Norris, Geoffrey; Neff, Lyle. Cui, César. Grove Music Online. Oxford Music Online. Oxford University Press. Consultado o 29 de outubro de 2012. 
  3. Назаров, páx. 7-8.
  4. Назаров, páx. 14-15.
  5. Назаров, páx. 15-16.
  6. Назаров, páx. 22, 35.
  7. Ильинский, А.А.; Пахулский, Г. Биографии композиторов с IV-XX век с портретами (Москва: Изд. К.А. Дурново, 1904), páx. 518.
  8. Neef, Sigrid. Die Russischen Fünf: Balakirev, Borodin, Cui, Mussorgsky, Rimsky-Korsakov (Berlín: E. Kuhn, 1992), páx. 136.
  9. Назаров, páx. 106-110, 194.
  10. Кюи, Ц. А., "Первые композиторские шаги Ц. А. Кюи (письмо к редактору)", Избранные статьи, составитель И. Л. Гусин (Ленинград: Гос. муз. изд-во, 1952), notas do editor, páx. 542–543.
  11. Назаров, páx. 12–14.
  12. Назаров, páx. 25–27.
  13. Назаров, páx. 46.
  14. Гозенпуд, А. А., Русский оперный театр XIX века, 1857–1872 [Russian Operatic Theater of the 19th Century, 1857–1872] (Ленинград, Музыка, 1971), 228–235.
  15. Назаров, páx. 58–61.
  16. Назаров, páx. 132–135.
  17. Бернандт, Г. Б. Словарь опер впервые поставленных или изданных в дореволюционной России и в СССР, 1836–1959. [Dictionary of Operas First Performed or Published in Pre-Revolutionary Russia and in the USSR, 1836–1959] (Москва: Советский композитор, 1962). páx. 125–126, 288, 170.
  18. Бернандт, Г. Б. Словарь опер, páx. 125, 148.
  19. Кюи, Избранные письма [Selected Letters], páx. 112 (tamén notas do editor, páx. 571–572).
  20. Назаров, páx. 147, 184.
  21. Кюи, Избранные письма, páx. 506.
  22. Назаров, páx. 120.
  23. Назаров, páx. 150–157.
  24. Назаров, páx. 35–36.
  25. Назаров, páx. 201–205.
  26. Назаров, páx. 42.
  27. Кюи, Избранные письма, editor’s notes, páx. 635, 395, 703, 715–716.
  28. Кюи, Избранные письма, páx. 477.
  29. Назаров, páx. 155, 221-222.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Guglielmi, Edoardo. "Cesar Cui e l'Ottocento musicale russo," Chigiana, v. 25, no. 5 (1968), páx. 187-195.
  • Mercy-Argenteau, condesa de, César Cui: esquisse critique. París: Fischbacher, 1888.
  • Муселак, Анри [Musielak Henri]. "Предки Кюи" ["Cui's Forbears"], Советская Музыка, 1979, no.10, páx. 141-142.
  • Назаров, Александр Федорович [Nazarov, Aleksandr Fedorovich]: Цезарь Антонович Кюи. Moscova, 1989. «Музыка». ISBN 5714001516.
  • Neef, Sigrid. Handbuch der russischen und sowjetischen Oper. 1. Aufl. Kassel: Bärenreiter, 1989, c1985.
  • _______. Die Russischen Fünf: Balakirew, Borodin, Cui, Mussorgski, Rimski-Korsakow. Berlín: E. Kuhn, 1992.
  • Neff, Lyle Kevin. Story, style, and structure in the operas of César Cui. Ph.D. dissertation, Indiana University, United States. Dispoñible en ProQuest Dissertations & Theses A&I. (Order No. 3054368). (305507197). Consultado en https://search-proquest-com.udel.idm.oclc.org/docview/305507197?accountid=10457 (requírese subscrición)
  • Norris, Geoffrey and Neff, Lyle. "Cui, César [Kyui, Tsezar' Antonovich]," Grove Music Online. Ed. L. Macy. (consultado o 9 de marzo de 2008), http://www.grovemusic.comArquivado 16 de maio de 2008 en Wayback Machine. (requírese subscrición)
  • Stasov, V.V. "Цезарь Антонович Кюи: биографический очерк" ["César Antonovich Cui: A Biographical Sketch."] Артист [Artist] [Moscow], no. 34 (1894); reimpreso e editado en Избранные сочинение: живопись, скульптура, музыка. В трех томах. Т. 3. [Selected Works: Painting, Sculpture, Music. In three vols. Vol. 3.] Москва: Искусство, 1952, páx. 387-408.