Konstantin Batiushkov
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 18 de maio de 1787 (Xuliano) Vologda, Rusia (pt) |
| Morte | 7 de xullo de 1855 (Xuliano) Vologda, Rusia (pt) |
| Causa da morte | Tifo |
| Lugar de sepultura | Spaso-Prilutsky Monastery (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | poeta, escritor |
| Período de actividade | 1810 |
| Empregador | Biblioteca Nacional da Rússia (pt) |
| Familia | |
| Familia | Batyushkovy (en) |
| Pai | Nikolay Lvovich Batyushkov |
| Irmáns | Pompei Batyushkov Yulia Nikolaevna Batyushkova |
| Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Enciclopedia Literaria Concisa, (vol:1, sec:Батюшков) Dicionario Biográfico Ruso |

Konstantin Nikolaevich Batiushkov (en ruso: Константин Николаевич Батюшков), nado en Vologda en 1787 e finado en 1855, foi un escritor ruso, precursor de Aleksandr Pushkin.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Educouse na casa do seu tío, o poeta Mikhail Muraviov, xa dende novo quedou fascinado pola lingua italiana e pretendeu italianizar a poesía rusa, sobre todo con formas tomadas de Petrarca e Ludovico Ariosto. Os seus máis importantes poemas escribiunos entre 1809 e 1813 e quedaron recollidos nun volume que se publicou en 1817 co título de Opyty.
Arredor de 1823 perdeu a razón e durante o período da súa enfermidade mental seguiu versificando, pero aínda que os seus poemas son impecables metricamente, carecen de sentido.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Konstantin Batiushkov |
