Boris Godunov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Boris Godunov
Boris Godunov by anonim (17th c., GIM).jpg
Boris Godunov
Datos persoais
Nacemento 1551
Lugar ?
Falecemento 23 de abril de 1605
Lugar Moscova
Profesión Tsar de Rusia
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Boris Fedorovich Godunov (en ruso: Борис Фёдорович Годунов), nado en 1551 e finado o 23 de abril de 1605, foi un nobre ruso, rexente de facto de Rusia desde 1584 ata 1598 e posteriormente converteuse no primeiro tsar non pertencente a dinastía Rurik, exercendo o poder desde 1598 ata a súa morte no 1605.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Boris Godunov era un famoso membro dunha antiga, agora extinguida, familia rusa de orixe tártaro, que chegou de Kostroma a comezos do século XIV d.C, a través do príncipe tártaro Chet, que fundou o mosteiro Ipatiev en Kostroma. Boris era fillo de Feodor Ivanovich Godunov e da súa esposa Stepanida. O seu irmán maior Vasili morreu de neno. A carreira de Godunov comezou na corte de Iván IV. No ano 1571 entrou a formar parte da opríchnina.

No 1571 consolidou a súa posición na corte mediante a unión con María, filla de Maliuta Skurátov. En 1580 o tsar, elixe a Irene, irmá de Boris, para que sexa a esposa do seu fillo o tsarévich Teodoro de 14 anos de idade. No seu leito de morte, Iván IV designou un consello formado por Boris, Fiodor Nikítich Romanov e Vasili Shuiski xunto a outros Romanov, como gardas e conselleiros do seu fillo e sucesor, quen a pesar de ter 27 anos, non era moi intelixente e moi enfermizo.

Ao morrer Iván, deixa a outro fillo de tres anos Dmitri Ivánovich, que nacera do seu último matrimonio. Posto que a Igrexa Ortodoxa recoñecía só os tres primeiros matrimonios, e os fillos destes como lexítimos, Dmitri e a familia da súa nai non tiveron dereito dobre o trono.

Aínda así, o consello, pouco despois da morte de Iván, trasladan a Dmitri e a súa nai a Uglich a 150 km de Moscova. Á morte de Dmitri ós 10 anos de idade, a viuva de Iván denunciou que o seu fillo fóra asasinado por axentes que respondían ante Godunov. Nunca se puido establecer a culpabilidade de Godunov e pouco despois a nai de Dmitri foi obrigada a tomar os hábitos.[1]

Rexente de Rusia[editar | editar a fonte]

Con ocasión da coroación do tsar Teodoro I de Rusia o 31 de maio de 1584, Boris obtivo honores como parte do consello de cinco homes, con todo, levou a cabo o segundo lugar durante o curso da vida do tío do tsar Nikita Romanovich, quen ó finar, en agosto, o deixou sen un serio rival.

Tras unha conspiración contra el na que varios boiardos e o metropolitano Dionisio II, buscaban o divorcio do tsar e a irmá de Boris para acabar co poder deste último. Boris resultou fortalecido e a dirección e os asuntos do reino pasaron ó seu control, establecendo relacións con príncipes estranxeiros coma se el fóra un igual.

No ano 1595 recupera os pobos que Suecia conquistara a Rusia durante o reinado do anterior tsar.

Boris fomentou o comercio cos comerciantes ingleses en Rusia, ó exceptualos do pago de impostos. Civilizou as fronteiras do noroeste e sueste de Rusia construíndo numerosas cidades fortalezas. Fomentou a re-colonización de Siberia, e fundou cidades como Tobolsk.

A reforma doméstica máis importante foi o decreto de 1587 co que prohibía que os campesiños cambiasen de señor, de xeito que quedaban ligados á terra. O obxecto desta reforma foi o de asegurar os impostos, pero causou molestias entre a servidume.

Tsar de Rusia[editar | editar a fonte]

Ó morrer o tsar Teodoro I o 7 de xaneiro de 1598, sen descendencia, a ambición de Boris o levou a apoderarse do trono. Probablemente se non o houbera feito houbera acabado os seus días nun mosteiro. A súa elección como tsar foi proposta pólo patriarca de Moscova, quen tiña a convicción de que Boris tiña as cualidades apropiadas para gobernar na difícil situación do momento. Porén. Boris, só acepta o trono cando llelo ofrece a Zemsky Sobor, ou asemblea nacional, que se reúne o 17 de febreiro e o elixe por unanimidade o 21 de febreiro. O día 1 de setembro é coroado Tsar de Rusia nunha cerimonia solemne.

Durante os primeiros anos do seu reinado gozou de moita popularidade, gobernou sabiamente e estableceu un clima de prosperidade. Estendeu a necesidade que tiña Rusia de crecer e alcanzar un progreso semellante ó do resto de Europa, e por iso fomentou as reformas sociais e educativas. Foi o primeiro tsar en importar unha gran cantidade de mestres estranxeiros, o primeiro en enviar a mozos rusos a recibir a súa educación a outros países, e o primeiro en permitir que se construíran igrexas luteranas en Rusia. Ó gañar a guerra ruso-sueca de 1590-1595, viu a necesidade de crear un acordo sobre o mar Báltico, e tratou de anexionar Livonia mediante a diplomacia.

A pesar de ser un dos mellores tsares de Rusia. O seu medo a posibles pretendentes ó trono, o induciu a prohibir os matrimonios dalgúns dos máis importantes boiardos. Tamén promoveu a existencia de informantes e perseguiu ós sospeitosos baseado na suposta información obtida por ditos medios. A familia Romanov sufriu especialmente este feito. Tampouco aceptou a unión persoal que lle propuxo no ano 1600 unha misión diplomática encabezada por Lew Saieha da Mancomunidade de Polonia-Lituania.

Boris morreu o 13 de abril de 1605, dun paro cardíaco, e o seu fillo Teodoro II o sucedeu uns meses e foi asasinado, ao igual que a súa viúva por inimigos dos Godunovs en Moscova.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ibid.#1

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Flag-map of Russia.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Teodoro I de Rusia
Coat of arms of Russia in 17th century.png
Tsar de Rusia

1598 - 1605
Sucesor:
Teodoro II de Rusia