Simferópol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 44°57′7″N 34°6′8″L / 44.95194, -34.10222

Simferópol
Сімферопoль
Симферополь
Aqmescit
Panorámica de Simferópol
Localización
Simferópol en Ucraína
Simferópol
Simferópol
PaísUcraína Ucraína
República AutónomaCrimea
RexiónConcello de Simferópol
Xeografía
Altitude350 msnm
Superficie107 km²
Demografía
Poboación362.366 hab. (2013)
Densidade3.183,17 hab/km²
Outros datos
Código postal95000—95490
AlcaldeViktor Ageev
Páxina oficial de Simferópol

Simferópol[1] (en ucraíno, en ruso e en búlgaro Сімферóпол, transliterado Simferópol; en turco Ak Mejid; en tártaro de Crimea Aqmescit -isto é, "Mesquita Branca"-; en xeorxiano: Սիմֆերոպոլ; en grego antigo Συμφερόπολις -Symferópolis, que quere dicir cidade do ben común-) é unha cidade ucraína, capital da República Autónoma de Crimea. É tamén a capital do distrito (raion) de Simferópol.

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade contén dentro dos seus límites l Neápolis escita, forma en que se denomina o sitio arqueolóxico no que se encuentran as ruínas do que fora unha antiga capital dos escitas de Crimea.

Escudo de armas de Simferópol entre 1844 e 1920.

Posteriormente, os tártaros de Crimea levantarían na zona a cidad de Aqmescit, que sería renomeada como Simferópol en 1784, tras a conquista de Crimea por Catarina a Grande. A cidade converteríase en 1802 no centro administrativo do Goberno xenal da Táurida. Xogou tamén un importante papel durante a guerra de Crimea (1854-1856), albergando as reservas do exército ruso e un hospital.

Dentro do contexto da guerra civil rusa, a cidad foi capturada polp Exército vermello o 13 de novembro de 1920, e elixida capital da República Socialista Soviética Autónoma de Crimea o 18 de outubro do ano seguinte.

Durante a segunda guerra mundial, Simferópol estivo ocupada polo exército alemán desde o 1 de novembro de 1941. Máis de 22.000 habitantes da cidade, na súa maioría rusos e xudeus, morreron a mans dos alemáns durante o período de ocupación, que culminou coa liberación por parte dos soviéticos o 13 de abril de 1944.

Despois da guerra, en 1954, a cidade, xunto a toda a península de Crimea, foi asignada administrativamente por Khrushchev á República Socialista Soviética de Ucraína.

Independencia de Ucraína[editar | editar a fonte]

Tras a disolución da Unión Soviética en 1991, Simferópol converteuse na capital da República Autónoma de Crimea, dentro da recentemente independizada Ucraína.

Poboación e infraestruturas[editar | editar a fonte]

Segundo o censo de 2001, Simferópol tiña unha poboación de 363.600 habitantes, a maior parte dos cales eran etnicamente rusos (66,7 % do total), con minorías formadas por ucraínos (21,3 %) e tártaros de Crimea (7 %) e belarusos (1,1 %).[2]

A cidade está dividida en tres distritos: Zalíznytxnyi, Tsentralnyi e Kýivskyi, con catro establecementos urbanos (Ahrarne, Aeroflotskyi, Hriesivskyi e Komsomolske) e unha vila (Bitumne). Está na beira do río Salgir.

O seu nome tártaro fai referencia a unha mesquita, pero a cidade tiñaa cinco (das que tres se conservaron até o século XX). Era a residencia do kalghay ou herdeiro do Khanato de Crimea, que vivía n nun palacio á esquerda do Salgir, o cal foi demolido ao final do século XVIII.

A cidade conta cunha terminal de ferrocarrís e un aeroporto internacional.

A liña de trolebús máis loga do mundo,[3] cunha lonxitude de 86 km, une Simferópol con Ialta, na costa do mar Negro.

Tamén conta coa universidade nacional Taurida V. Vernadsky.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 1934. ISBN 9788482893600. 
  2. Central Statistical Office of AR Crimea Arquivado 28 de agosto de 2012 en Wayback Machine., ver «Симферополь», columna № 3.
  3. The longest trolleybus line in the world! Arquivado 03 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]