Gavrila Derzhavin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gavrila Derzhavin
Derzhavin by Borovikovsky (1811, Pushkin museum).jpg
Nacemento3 de xullo de 1743
 sen etiquetar
Falecemento8 de xullo de 1816
 Novgorod Governorate
SoterradoKhutyn Monastery
NacionalidadeImperio Ruso
Ocupaciónlingüista, poeta e escritor
CónxuxeD.A. Derjavina
PremiosKnight first class of the Order of Saint Anne, Knight third class of the order of St. Vladimir, Order of St. Vladimir, 2nd class, Ordem de Santo Alexandre Nevsky e Order of the Saint John of Jerusalem
Державин Гавриил автограф ЖЗЛ.JPG
editar datos en Wikidata ]

Gavriil (Gavrila) Romanovich Derzhavin (en ruso: Гаврии́л (Гаври́ла) Рома́нович Держа́вин), nado en Kazán o 14 de xullo de 1743 e finado en Zvanka o 20 de xullo de 1816, foi un dos poetas máis recoñecidos de Rusia antes e Alexander Pushkin, ademais de home de estado. A pesar de que os seus traballos están considerados dentro do clasicismo literario, os seus mellores versos están cheos de antíteses e sons que lembran a John Donne e outros poetas metafísicos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e familia[editar | editar a fonte]

Derzhavin naceu na gobernación de Kazán nunha familia da nobreza rusa empobrecida. O seu antergo do século XV, Morza Bagrim, un tártaro que emigrou da Grande Horda ao Gran Ducado de Moscova, converteuse ao cristianismo e converteuse en vasalo do gran príncipe Vasily II.[1][2] Bagrim foi recompensado con terras polos seus servizos ao príncipe, e del descendían as familias nobres de Narbekov, Akinfov e Keglev (ou Teglev).[3]

Era membro da famlia Narbekov, que recibiu o alcume Derzhava (en ruso: Держа́ва; Дрьжа́ва; "orbe" ou "poder"). Os Derzhavins chegaron a ter valiosas terras no río Myosha, a uns 25 quilómetros de Kazán, mais co tempo foran repartidas, vendidas ou hipotecadas. Na época do pai de Gavrila Derzhavin, Roman Nikolayevich Derzhavin, nado en 1706, só puido herdar unhas poucas leiras, ocupadas por algúns campesiños. Roman uniuse ao exército e en 1742, aos 36 anos, casou cunha viúva familiar distante del, Fyokla Andreyevna Gorina (de solteira Kozlova). Ela viña dunha familia similar e tamén pousía uns poucos terreos esparexidos. As leiras foron fonte continua de litixios, loitas e preitos cos seus veciños, chegando ás veces á violencia.[3]

Derzhavin naceu apenas nove meses despois da voda dos seus pais, pero o lugar do seu nacemento é dubidoso.[3] Derzhavin considerábase a el mesmo natural de Kazán (que se proclama cidade do seu nacemento), mais é probable que nacese nalgunha das posesións da súa familia en Sokury ou Karmachi, no condado de Laishevsky.[4][5] O distrito de Laishevsky coñécese informalmente como distrito Derzhavinsky pola súa relación con Derzhavin.[6] Foi chamado Gavriil por nacer dez días antes da sinaxe do arcanxo Gabriel, celebrada o 13 de xullo pola ortodoxia eslava.[3] Foi un neno enfermizo e os seus pais seguiron a práctica tradicional da época de "enfornar o bebé" («перепекание ребенка»), antiga cerimonia en que os bebés enfermos ou prematuros eran colocados nunha pa de pan e metidos nun forno tres veces.[7]

O pai de Derzhavin foi enviado a Yaransk e despois a Stavropol. Tivo outros dous fillos, un neno e unha nena, aínda que o primeiro morreu novo.[3]

Educación[editar | editar a fonte]

Como membros da nobreza, aínda que menor, os Derzhavins estaban obrigados a educar os seus fillos, mais as opcións eran limitadas debido á súa pobreza e ás poucas institucións educativas de Rusia na época. Esperábase que os varóns da nobreza entrasen en cargos de goberno como servidores civís ou militares aos vinte anos. A nobreza que era incapaz de enviar os seus fillos a algunha das tres institucións educativas tiñan unha dispensa para educalos na casa. Os nenos serían examinados aos sete, doce e dezaseis anos para inspeccionar o seu progreso. Coñecido como Ganyushka, a educación de Gavrila comezou aos tres anos cando lle ensinaron a ler os eclesiásticos locais (xa que a súa nai era esencialmente analfabeta). Cando tiña oito anos, a familia foi enviada a Orenburg. O imperio ruso, arelando estender o seu poder, enviou convictos a Orenburg para construír a cidade. Un alemán chamado Joseph Rose abriu unha escola de coeducación para instruír os fillos da nobreza. Rose, ademais de ser un delincuente, non tiña educación formal e só podía ensinar en alemán, que era a lingua máis desexada entre as clases ilustradas de Rusia.[3]

Cando Gavrila tiña dez anos, os Derzhavins volveron ás súas terras de Kazán logo de dous anos en Orenburg. No outono de 1753 fixo a súa primeira viaxe a Moscova. Roman Derzhavin, que sufría tuberculose, tiña que solicitar formalmente a súa xubilación na cidade, e logo planeou ir a San Petersburgo para rexistrar o seu fillo como requisito para un futuro alistamento. Porén, retrasouse en Moscova ata xaneiro; para ese tempo xa recibira a licenza e non tiña cartos para continuar a viaxe. Víronse forzados a volver a Kazán, onde o seu pai faleceu ese mesmo ano.[3] O seu pai era o dono da metade da terra de Sokury, que Gavrila herdou xunto con outros terreos en Laishevsky.[4] Non obstante, producíronlle pouco beneficio e os veciños continuaron a invadir as súas terras, anegándoas ou simplemente colléndoas para eles. A súa nai, viúva sen diñeiro nin familiares poderosos, era incapaz de lograr ningunha compensación nos xulgados e era ignorada polos xuíces. Derzhavin escribiu máis adiante que a súa "nai está sufrindo da inxustiza que queda eternamente gravada no seu corazón". Porén, a nai si puido contratar dous titores para ensinar aos seus fillos xeometría e aritmética.[3]

En 1758, abriu unha nova escola en Kazán, evitando á súa nai a dificultade de envialo a San Petersburgo. A escola de gramática ofreceulle educación en latín, francés e alemán, ademais de aritmética, danza, esgrima e música. A calidade da educación aínda así era pobre, sen libros de texto. A escola tamén ofrecía oportunidades aos alumnos de interpretar traxedias de Molière e Alexander Sumarokov. Derzhavin destacou en xeometría e informóuselle de que podería unirse aos corpos de enxeñeiros de San Petersburgo. Porén, un erro burocrático levouno ao rexemento Preobrazhensky, escoltas da familia real.[3]

Carreira[editar | editar a fonte]

En San Petersburgo, Derzhavin pasou do rango de soldado raso aos despachos máis altos do estado durante o reinado de Catarina a Grande. Impresionou por primeira vez aos seus superiores durante a rebelión de Pugachev. Astuto politicamente, a súa carreira avanzou cando abandonou o servizo militar polo servizo civil. Logrou os postos de gobernador de Olonets (1784) e Tambov (1785), secretario persoal da emperatriz (1791), presidente do colexio de comercio (1794) e ministro de xustiza (1802).

Foi deposto do seu cargo en 1803 e pasou gran parte do resto da súa vida en Zvanka, preto de Novgorod, escribindo idilios e obras anacreónticas. Na súa casa de San Petersburgo mantiña reunións mensuais coa sociedade conservadora "Amigos da palabra rusa". Faleceu en 1816 e foi enterrado no mosteiro de Khutyn, preto de Zvanka, reenterrado polos soviéticos no Kremlin de Novgorod e finalmente volto a enterrar en Khutyn.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Biografía de Derzhavin (en ruso)
  2. Rancour-Laferriere, Daniel (2000). Russian Nationalism from an Interdisciplinary Perspective: Imagining Russia. E. Mellen Press. p. 90. ISBN 978-0-7734-7671-4. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Khodasevich, Vladislav (2007). Derzhavin: A Biography (en inglés). University of Wisconsin Press. pp. 5–7. ISBN 9780299224233. Consultado o 11 de xaneiro de 2018. 
  4. 4,0 4,1 "Сокуры: красота на земле". Kazanskie Vedemosti. 4 de xullo de 2012. Consultado o 11 de xaneiro de 2018. 
  5. Frolov, Yuri (8 de xullo de 2003). "Так где же родился Гавриил Державин? | Республика Татарстан". Gazeta Respublika Tatarstan (en ruso). Consultado o 11 de xaneiro de 2018. 
  6. "Родина Г.Р. Державина" (en ruso). Visit-Tatarstan.com. Consultado o 11 de xaneiro de 2018. 
  7. Barta, Peter I. (2013). Gender and Sexuality in Russian Civilisation (en inglés). Routledge. pp. 94–95. ISBN 9781134699377. Consultado o 11 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]