Jenny Dolfen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJenny Dolfen
Biografía
Nacemento1975 Editar o valor em Wikidata (48/49 anos)
Bremerhaven, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónilustradora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata

Jenny Dolfen, nada en Bremerhaven en 1975, é unha ilustradora e mestra alemá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada en Bremerhaven, no ano 2001 gradouse en inglés e latín pola Universidade de Colonia. Dolfen vive preto de Aquisgrán co seu marido e os seus dous fillos.

Dolfen fixo ilustracións artísticas para varios xogos de rol, incluíndo Quest Cards de Fuller Flippers, Realms of Wonder de Action Studios, The World of Erien de Final Sword Productions e Das Schwarze Auge.[1]

É coñecida pola súa arte baseada nas obras de J. R. R. Tolkien (principalmente O Silmarillion)[2] e George R. R. Martin (A Song of Ice and Fire).

Dolfen gañou o premio inaugural da Tolkien Society na categoría de "mellor obra de arte" no ano 2014, pola súa acuarela de "Eärendil o mariñeiro".[3]

A obra The Art of George R.R. Martin's A Song of Ice and Fire (2005) inclúe pezas da súa arte.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Official site. Consultado o 12 de febreiro de 2021.
  2. Gunner, Shaun (outubro de 2015). "Jenny Dolfen announces new Tolkien art book". The Tolkien Society. Consultado o 12 de febreiro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 Awards: Best Artwork, Tolkien Society. Consultado o 12 de febreiro de 2021.
  4. http://www.georgerrmartin.com Arquivado 10 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. Consultado o 12 de febreiro de 2021.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]