Saltar ao contido

Splintered Light

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Splintered Light
 Título
   Splintered Light (en) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Localización
 País de orixe
Wikidata

Splintered Light: Logos and Language in Tolkien's World é un libro de 1983 de crítica literaria escrito por Verlyn Flieger, unha estudosa de Tolkien, no cal fala da luz como tema central na mitoloxía da Terra Media de Tolkien, en particular na obra O Silmarillion.

Verlyn Flieger argumenta no libro que símbolo central no Silmarillion é a luz, a cal foi diminuíndo a partir da primeira creación a medida que se foi fragmentando progresivamente. Ao comezo da historia de Arda, o mundo é iluminado por dúas Grandes Lámpadas creadas por Eru Iluvatar. Foron destruídas e substituídas polas Dúas Árbores de Valinor.

Splintered Light: Logos and Language in Tolkien's World foi publicdo por Wm. B. Eerdmans en 1983. Unha versión revisada foi lanzada no ano 2002. O libro non está ilustrado.