O camiño segue e segue (canción)
"O camiño segue e segue"[1] (en inglés: The Road Goes Ever On) é un título que abrangue as diferentes versións dunha canción que J. R. R. Tolkien escribiu para o seu legendarium da Terra Media. Dentro das historias, a canción orixinal foi composta por Bilbo Bulseiro e rexistrada no libro O hobbit. Existen diferentes versións que tamén aparecen no libro O Señor dos Aneis, xunto con outras cancións do camiño semellantes.
Esta canción da nome ao ciclo de cancións de Donald Swann O camiño segue e segue, publicado en 1967, onde é a primeira da lista.
Versións da canción[editar | editar a fonte]
Na obra O hobbit[editar | editar a fonte]
A versión orixinal da canción é recitada por Bilbo no capítulo 19 do Hobbit, ao final da súa viaxe de volta á Comarca. Chegando ao cumio dun outeiro, ve a súa casa ao lonxe e detense para dicir o seguinte:[T 1]
- Roads go ever ever on,
- Over rock and under tree,
- By caves where never sun has shone,
- By streams that never find the sea;
- Over snow by winter sown,
- And through the merry flowers of June,
- Over grass and over stone,
- And under mountains in the moon.
- Roads go ever ever on
- Under cloud and under star,
- Yet feet that wandering have gone
- Turn at last to home afar.
- Eyes that fire and sword have seen
- And horror in the halls of stone
- Look at last on meadows green
- And trees and hills they long have known.
Na obra O Señor dos Aneis[editar | editar a fonte]

Existen tres versións da canción "O camiño segue e segue" na novela O Señor dos Aneis.
1) A primeira é na Irmandade do Anel, Libro I, capítulo 1. A canción é recitada por Bilbo cando deixa A Comarca. Deixou atrás o Anel Único, legándollo a Frodo, e prepárase para visitar Valfendido, onde espera rematar de escribir o seu libro.[T 2]
Letra no inglés orixinal | Letra da tradución en galego |
---|---|
The Road goes ever on and on |
O camiño segue e segue |
2) A segunda versión aparece no Libro 1, capítulo 3. É idéntico ao anterior agás polo cambio da palabra "eager" (traducido como lixeiro en galego) por "weary" (canso na versión en galego) na quinta liña. É recitado por Frodo en voz alta, lentamente, mentres el e os seus compañeiros chegan a un camiño coñecido na súa viaxe para saír da Comarca.[T 3]
3) A terceira versión aparece no Regreso do Rei, Libro VI, capítulo 6. É recitado por Bilbo en Valfendido despois de que os hobbits regresaran da súa viaxe. Bilbo é agora un vello hobbit, que murmura o verso e logo adormece.[T 4]
Letra no inglés orixinal | Letra da tradución en galego |
---|---|
The Road goes ever on and on |
O camiño segue e segue |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ O hobbit, cáp. 19 "The Last Stage"
- ↑ A Irmandade do Anel, Libro 1, cáp. 1 "Unha reunión moi esperada"
- ↑ A Irmandade do Anel, Libro 1, cáp. 3 "Tres son compañía"
- ↑ O Regreso do Rei, Libro 6, cáp. 6 "Moitas despedidas"
Referencias[editar | editar a fonte]
- ↑ O señor dos aneis I. A irmandade do anel. Traducido por Moisés Barcia Rodríguez (1ª ed.). Vigo: Edicións Xerais. 2001. ISBN 84-8302-683-X – vía Biblioteca da Tradución Galega.