Elfo (Terra Media)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Un señor dos elfos, tal e como os imaxinaba Tolkien.

Os Elfos son seres fantásticos que nas obras de J. R. R. Tolkien aparecen como seres inmortais, ó menos para o tempo de Arda. Entre todos os Fillos de Ilúvatar son os máis fermosos, os máis valentes e os de maior sabedoría e poder. Chámanse a si mesmos os Quendi, que significa os que falan (chamados así polos Noldor).

Historia[editar | editar a fonte]

Os chamados primeiros Fillos de Eru, ou Primeiros Nados, espertaron xunto á lagoa de Cuiviénen cando a Valië Varda, a Señora dos Ceos, acendeu novas e brillantes estrelas no firmamento para estorbar as tebras de Melkor. Como o primeiro que viron foron as estrelas, estas son o que máis aman sobre tódalas cousas, e veneran a Varda, chamándoa Elbereth, "señora das estrelas".

Algúns foron capturados, neses primitivos días, polos escuros cazadores de Melkor, e mediante a tortura foron transformados e corrompidos. Así criou Melkor a raza dos orcos. Logo chegou o Vala Oromë, quen case por accidente se topou con eles nunha das súas acostumadas viaxes pola Terra Media. Conscientes os Valar do espertar dos Quendi, tan longamente esperado, acordaron (a pesar dos reparos de Ulmo) traelos a Valinor, pois desexaban da súa compaña. Así, Oromë volveu a Cuiviénen e instounos a acudir á chamada dos Valar. Ó principio, os elfos negáronse, pois temían ós Valar (facía pouco que ocorrera a cataclísmica Batalla dos Poderes, na que se destruíu Utumno), pero, tras enviar de embaixadores a Ingwë, Finwë e Elwë, convencéronse. Uns poucos negáronse a emprender a viaxe ó Oeste, e estes foron os Avari ("renuentes"). Os que emprenderon a Gran Viaje foron chamados por Oromë Eldar ("o pobo das estrelas", nome orixinalmente aplicado a tódolos elfos).

Clasificación[editar | editar a fonte]

División dos quendi (elfos), segundo quedou tralo exilio dos Noldor.

Segundo se emprenderon ou non a Gran Marcha dos elfos[editar | editar a fonte]

  • Elfos que emprenderon a Marcha (Eldar, aínda que este termo orixinalmente abarcaba a tódolos Elfos)
  • Elfos renuentes (Avari)

Segundo se viron ou non a luz das Dúas Árbores de Valinor[editar | editar a fonte]

Eldar, segundo a súa raza[editar | editar a fonte]

  • Elfos fermosos (Vanyar)
  • Elfos rezagados (na Gran Viaje)(Teleri)
  • Elfos profundos (de sabedoría) (Noldor)

Subdivisións dos Teleri[editar | editar a fonte]

Subdivisións dos Sindar[editar | editar a fonte]