Ted Nasmith
Ted Nasmith | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1956 |
Lugar de nacemento | Goderich (Ontário) |
Nacionalidade | Canadá |
Ocupación | artista, ilustrador, pintor e músico |
Na rede | |
https://www.tednasmith.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ted Nasmith, nado en 1956, é un artista, illustrator e deseñador arquitectónico canadense. É máis coñecido por ser un dos ilustradores das obras de J. R. R. Tolkien, principalmente O hobbit, O Señor dos Aneis e O Silmarillion.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Dende pequeno debuxou por afección, mais ao entrar no instituto inscribiuse nun programa de arte comercial. Foi tres anos despois cando leu O Señor dos Aneis por recomendación da súa irmá e dende entón centrou a súa atención nesta obra.[2] Entre as súas influencias á hora de ilustrar as obras de Tolkien, Nasmith recoñeceu aos autores románticos dos séculos XIX e XX, filmes ou arquivos pictóricos das bibliotecas públicas.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Hoyt, Randy (1 de xaneiro de 2009). "Illustrating Tolkien: Ted Nasmith Interview". Journey to the Sea.
- ↑ "About me". Arquivado dende o orixinal o 1 de maio de 2009. Consultado o 6 de maio de 2009.
- ↑ "Galleries inspired by J. R. R. Tolkien". Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2009. Consultado o 6 de maio de 2009.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ted Nasmith ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en inglés)