Trol (Terra Media)
Un trol[1] é un ser xigantesco e malvado que aparece nas novelas de J. R. R. Tolkien. Moitos troles eran servidores de Sauron e medían cinco metros[Cómpre referencia].
Características
[editar | editar a fonte]Os troles foron creados por Melkor na Primeira Idade do mundo, aínda que a súa orixe verdadeira non se coñece. Bárbore conta que os troles creáronse a partir de Ents, corrompidos polos orcos, que son á súa vez elfos torturados e corrompidos tamén por Melkor. Tamén se di que os troles creáronse como burla dos Ents.
No "Hobbit", os troles descríbense como seres enormes (disque ó redor de 10 pés de alto), poderosos, feos e particularmente estúpidos. A súa grosa pel protéxeos dos golpes, pero a maioría deles transfórmanse porén en pedra cando se ven expostos ós raios do sol. É por iso que viven en cavernas, onde acumulan grandes tesouros. Ós troles gústalles matar polo pracer de matar, e comen carne de Home, Hobbit, Anano ou Elfo en canto se lles presenta a ocasión.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para trol.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Terra Media |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carpenter, Humphrey, ed. (1981). The Letters of J. R. R. Tolkien. Boston: Houghton Mifflin. ISBN 978-0-395-31555-2.
- Tolkien, J. R. R. (2002) [1937]. Douglas A. Anderson, ed. The Annotated Hobbit. Boston: Houghton Mifflin. ISBN 978-0-618-13470-0.
- Tolkien, J. R. R. (1954a). The Fellowship of the Ring. The Lord of the Rings. Boston: Houghton Mifflin. OCLC 9552942.
- Tolkien, J. R. R. (1954). The Two Towers. The Lord of the Rings. Boston: Houghton Mifflin. OCLC 1042159111.
- Tolkien, J. R. R. (1955). The Return of the King. The Lord of the Rings. Boston: Houghton Mifflin. OCLC 519647821.
- Tolkien, J. R. R. (1977). Christopher Tolkien, ed. The Silmarillion. Boston: Houghton Mifflin. ISBN 978-0-395-25730-2.