Saltar ao contido

Hobbit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O hobbit Bilbo Bulseiro (esquerda) e o istari Gandalf.

Un hobbit é unha raza de seres fantásticos, nacidos da imaxinación de J. R. R. Tolkien e presente no universo mitolóxico da saga d´O Señor dos Aneis.

Características

[editar | editar a fonte]

Ser fantástico pertencente á dita raza. Os hobbits caracterízanse por ser de pouca altura (de tres a cinco pés) e aspecto riseiro, con orellas puntiagudas e pelo rizo e espeso na cabeza e nos seus grandes pés. Non precisan usar calzado de ningún tipo xa que as plantas dos seus pés son duras e elásticas. As súas afeccións son o cultivo da terra e fumar unha herba que levan cultivando desde moitas xeracións. Son grandes amantes da vida tranquila, e das pequenas satisfaccións e alegrías de cada día. De natureza eminentemente alegre, concédenlle moita importancia á familia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]