Armas con nome da Terra Media

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Beowulf loita o dragón coa súa espada Nægling. Ilustración de 1908 por Joseph Ratcliffe Skelton.

As armas con nome da Terra Media son as espadas e outras poderosas armas creadas por J. R. R. Tolkien como parte do seu legendarium e unha parte importante na súa mitoloxía. O nomeamento das armas deriva da época medieval, estando presente na mitoloxía nórdica e no poema en inglés antigo Beowulf. Entre as moitas armas nomeadas por Tolkien están Orcrist e Glamdring na obra O hobbit, e Narsil / Andúril na obra The Lord of the Rings.

Existen múltiples paralelismos entre o uso que fai Tolkien dos nomes das armas nos seus escritos da Terra Media e a épica medieval. Estes inclúen a súa transmisión como herdanzas, ás veces reais; o seu redescubrimento en antigos tesouros; o seu adorno con inscrición rúnicas; e a súa vinculación coa vida dos seus propietarios.

Na Terra Media[editar | editar a fonte]

Armas de poder[editar | editar a fonte]

Tolkien nomeou moitas armas nos seus escritos da Terra Media, principalmente espadas, mais tamén nomeou a Aeglos, a lanza do rei elfo Gil-galad, Belthronding, o arco de Beleg,[1] Dramborleg, a machada de Tuor[1] e Grond, o nome do malvado ariete de Minas Morgul, e da maza do primeiro Señor Escuro, Morgoth. Dezaoito destas armas foron listadas por Anthony Burdge e Jessica Burke en J. R. R. Tolkien Encyclopedia.[2] Como nas épicas medievais, a espada en particular simbolizaba o heroísmo e a posición do seu dono. O estudoso da obra de Tolkien Verlyn Flieger sinalou que a espada "proclama a aparición do heroe";[3] ademais que "os destinos da espada e do home están unidos e a destrución dun sinala o final do outro".[2][4][3]

Tales temas pódense ver claramente coa espada Andúril de Aragorn, pero ocorren de xeito similar noutros relatos de Tolkien polas moitas armas nomeadas. As espadas Glamdring e Orcrist mencionadas no Hobbit encaixan en dúas das características do patrón medieval, xa que ambas son antigas, forxadas na Primeira Idade, e foron recuperadas dun tesouro, sendo gardadas polos tres troles na súa cova.[2][T 1] Forxar de novo a arma ou redescubrila transmite efectivamente o vello poder á nova arma e ao seu novo dono, e renovan ese poder.[2][4]

Glamdring e Orcrist, e o coitelo de Bilbo usado como espada, que el chamou Aguillón, relocen cando hai orcos preto;[4] as antigas espadas aterrorizan aos orcos e son recoñecidas por eles; de feito, os orcos teñen os seus propios alcumes para as dúas famosas espadas, Biter e Beater.[2] Estas armas teñen numerosas conexións coas famosas espadas da mitoloxía medieval, incluíndo, segundo os eruditos de Tolkien K. S. Whetter e R. Andrew McDonald, o estilo e o contido dos seus nomes, que recordan os nomes de espadas na mitoloxía nórdica como Fotbitr e Dragvandil ("Mordedora de pernas" e "Cortadora").[4] De feito, no Hobbit, cando a compañía de Bilbo chega a Valfendido, Elrond le as inscricións rúnicas das espadas e describe a historia heroica e a estirpe das armas recuperadas:[T 2]

Estas son espadas vellas, espadas moi vellas dos altos elfos do oeste, parentes meus. Fixéronse en Gondolin para as guerras dos trasnos. Deberon proceder dun tesouro de dragóns ou dun espolio de trasgos, xa que os dragóns e os trasnos destruíron esa cidade hai moitas idades. Esta, Thorin, as runas chámana Orcrist, fendedora de trasgos na antiga lingua de Gondolin; era unha folla famosa. Este, Gandalf, era Glamdring, martelo de inimigos, que usou o rei de Gondolin. Gardádeass ben!"[T 2]

Notas[editar | editar a fonte]

Fontes primarias[editar | editar a fonte]

Esta lista identifica a localización de cada elemento nos escritos de Tolkien.
  1. Tolkien 1937, O hobbit, cáp. 2 "Roast Mutton"
  2. 2,0 2,1 Tolkien 1937, O hobbit, cáp. 3 "A Short Rest"

Fontes secundarias[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Croft 2015, article 1.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Burdge & Burke 2013, pp. 703–705
  3. 3,0 3,1 Flieger 1981, pp. 40–62.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Whetter & McDonald 2006, article 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]