Saltar ao contido

Erebor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Erebor
Legendarium de J. R. R. Tolkien
Representación artística de Erebor.
Primeira apariciónO hobbit
Información
Tiporeino dos ananos na montaña
GobernanteReis da dinastía de Durin:
[1] T. I 1999–2210,
[2] 2590–2770,
[3] 2941–Cuarta Idade;
Smaug: T. I. 2770–2941
LocalizaciónNordeste do Bosque Escuro
Outros nomesMontaña Solitaria; o Reino baixo a Montaña

No legendarium da Terra Media creado polo autor inglés J. R. R. Tolkien, a Montaña Solitaria é unha montaña ficticia que se atopa ao nordeste do Bosque Escuro. É o fogar do Reino baixo a Montaña dos ananos. A cidade de Dale atópase nun val nas súas ladeiras do sur. Na obra O Señor dos Aneis, a montaña é mencionada co seu nome en sindarin, Erebor.[T 1] A Montaña Solitaria é o obxectivo dos protagonistas da obra O hobbit, e o escenario do clímax da historia.

A Montaña Solitaria é un símbolo da aventura en O hobbit, e da maduración do protagonista, Bilbo Bulseiro, como individuo.

  1. O Regreso do Rei, Libro 5, cáp. 9 "A derradeira deliberación"