Orco (Terra Media)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Representación dun orco de Mordor (fan art).

Os orcos son unha raza antropomorfa de costumes brutais creada pola imaxinación de J.R.R. Tolkien dentro da súa obra de fantasía sobre a Terra Media, que inclúe O Hobbit e O Señor dos Aneis. Fóra deste mundo imaxinario, o orco é unha criatura fantástica moi frecuente en relatos de fantasía épica.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Hai varias versións dentro da propia mitoloxía tolkieniana en relación coa orixe concreta dos Orcos.

  • Unha delas baséase na crenza dos propios elfos de que os Orcos eran unha parte dos Avari ou Elfos Renuentes (aqueles que non quixeran facer a Grande Viaxe), que se volveran salvaxes e malvados nas súas terras.
  • A outra, segundo se nos conta no Silmarillion, narra que nos primeiros tempos da Terra Media, tempos en que o malvado Melkor xa estaba enfrontado ó resto dos Valar, moitos elfos que se afastaban sós dos seus dominios eran raptados por Melkor, que os mantiña cativos e escravizados, para ilos corrompendo coa súa crueldade. Estes seres, contrariamente a moitas das creacións de Melkor, tiñan vida propia e reproducíanse á imaxe do resto do fillos de Ilúvatar.

Así se creou, disque, a raza dos orcos, unha raza que non era máis ca unha imaxe distorsionada dos propios elfos, nacida do odio e a envexa que Melkor lles tiña a eles.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Lord of the Rings: The Battle for Middle-earth II Review". IGN (en inglés). 2006-03-02. Consultado o 2019-02-16. 
  2. "Lord of the Rings: 15 Things You Never Knew About Orcs". ScreenRant (en inglés). 2017-10-29. Consultado o 2019-02-16.