Área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos
A área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos é unha das sete áreas sanitarias en que se divide o sistema público de saúde galego. O seu territorio coincide co da provincia de Lugo, e divídese en tres distritos sanitarios: o Distrito sanitario de Lugo, no centro da provincia, o Distrito sanitario da Mariña ao norte da provincia, e o Distrito sanitario de Monforte de Lemos ao sur.[1]
O Distrito sanitario de Lugo abrangue os seguintes concellos: Abadín, Antas de Ulla, Baleira, Baralla, Becerreá, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, O Corgo, Cospeito, A Fonsagrada, Friol, Guitiriz, Guntín, O Incio, Láncara, Lugo, Meira, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pol, A Pontenova, Portomarín, Rábade, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Sarria, Taboada, Triacastela, Vilalba e Xermade. Por outra banda, o Distrito sanitario da Mariña esténdese polos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove. Por último, os concellos do Distrito sanitario de Monforte de Lemos son Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso do Courel, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao e Sober.[2]
O Distrito sanitario de Lugo conta co Complexo Hospitalario Universitario de Lugo, que ofrece atención sanitaria a unha poboación de 205.737 cidadáns con tarxeta sanitaria.[3] O Distrito sanitario da Mariña conta pola súa banda co Hospital Público da Mariña que dá servizo aos 65.567 cidadáns con tarxeta sanitaria do distrito.[4] Por último, no Distrito sanitario de Monforte de Lemos, o Hospital Público de Monforte ten adscritas 41.992 tarxetas sanitarias.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lei do DOG nº 68 do 2018/4/9 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2021-03-18.
- ↑ "Decreto do DOG nº 66 do 2013/4/5 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2021-03-18.
- ↑ "Busca de hospitais - Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde". www.sergas.gal. Consultado o 2021-03-18.
- ↑ "Busca de hospitais - Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde". www.sergas.gal. Consultado o 2021-03-18.
- ↑ "Busca de hospitais - Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde". www.sergas.gal. Consultado o 2021-03-18.