Hospital Universitario Lucus Augusti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hospital Universitario Lucus Augusti
Cartel na porta do hospital HULA
Coordenadas43°01′13″N 7°32′07″O / 43.02023, -7.53532Coordenadas: 43°01′13″N 7°32′07″O / 43.02023, -7.53532
editar datos en Wikidata ]

O Hospital Universitario Lucus Augusti tamén coñecido polas súas siglas como HULA é un centro asitencial do Sergas da cidade de Lugo situado en San Cibrao, preto da A-6.

Historia[editar | editar a fonte]

Porta de acceso ao HULA.

Proxectado en 1998 e cunha data prevista de inuguración de 2002 o hospital foi inaugurado en 2010 cun custe superior aos 220 millóns de euros.[1] Ten unha superficie de 166.000m2, ten 869 camas, 19 quirófanos e un heliporto.

O edificio foi construído por San José e Dragados, é unha edificación moderna e funcional cun máximo de seis andares, máis sotos para servizos e maquinaria baixo as cubertas. O exterior está cuberto de lousa e madeira. Unha galería de máis de 600 metros, non accesa aos doentes, comunica todo o hospital dun extremo a outro.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pena, Silvia (22 de novembro de 2010). "El Hospital Lucus Augusti abre sus puertas tras 12 años de gestación". elmundo.es (en castelán). Consultado o 31 de outubro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]