Narcótico
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa medicina que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Os narcóticos ou estupefacientes son unhas drogas que, por definición, provocan sono ou estupor e, na maioría dos casos, inhiben a transmisión de sinais nerviosas asociadas á dor. O grupo dos narcóticos comprende gran variedade de drogas con efectos psicoactivos, aínda que terapeuticamente non se usan para promover cambios no humor, como os psicotrópicos, senon por outras propiedades farmacolóxicas: analgesia, anestesia, efectos antitusivos, antidiarreicos, etc.
Emporiso, estas drogas son a miudo desviadas do circuito legal e empregadas como euforizantes. Algúns narcóticos son anestésicos como éter, cloroformo e ciclo-propano; pero na meirande parte son axentes da clase dos opioides. En xeral son sustancias controladas, incluidas na Convención única sobre estupefacientes.