Conservador-restaurador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Conservador-restaurador é o profesional titulado cunha formación que o capacita para desenvolver toda clase de traballos de Conservación e restauración de bens culturais.

Funcións[editar | editar a fonte]

A actividade do conservador-restaurador non está regulada no Reino de España. Porén, polo costume e a práctica profesional defínese como un técnico capaz de deseñar e dirixir planos de conservación preventiva, xestionar coleccións en museus, documentar e diagnosticar bens culturais e deseñar, planificar e aplicar tratamentos de restauración.

A páxina web da Arcobéns define o conservador-restaurador como o profesional que leva a cabo aquelas accións encamiñadas a acadar a mellor conservación dos bens culturais, garantindo no posible a súa estabilidade e permanencia, mediante o exame, o diagnóstico, a intervención necesaria, a colocación de medidas de prevención, o estudo do seu comportamento e das condicións que o rodean, así como dos elementos e condicións para a súa mellor preservación[1].

Formación académica[editar | editar a fonte]

Para exercer a práctica da conservación é preciso ser titulado nunha escola superior de conservación e restauración ou nunha universidade que ofreza esta titulación. En 2009, en España, o Grao en Conservación e Restauración de Bens Culturais substituíu o antigo título superior, que era equivalente a unha diplomatura.

Asociacións profesionais en España[editar | editar a fonte]

Debido á inexistencia dun colexio oficial de conservadores-restauradores, teñen aparecido en todo o estado diversas asociacións de profesionais, principalmente de ámbito local. Con carácter estatal fundouse a ACRE en 2011.

Notas[editar | editar a fonte]