Admeto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Admeto era un personaxe da mitoloxía grega, fillo de Feres e rei de Feres, Tesalia).

Historia[editar | editar a fonte]

Participou na expedición dos argonautas. Tiña fama de hospitalario e xusto. De feito, cando Apolo foi sentenciado a pasar un ano como servo dun mortal como castigo por ter matado os cíclopes, escolleu a Admeto e serviuno como gardián dos seus rabaños. Tan admirado quedou do seu tratamento que fixo que todas as vacas parisen xemelgos.

Namorado de Alcestes, grazas a Apolo, superou a proba que seu pai impuxera aos seus pretendentes: montar nun carro levado baixo o mesmo xugo por un xabarín e un león. No día da voda Admeto esqueceu dar un sacrifio en honra de Ártemis. Esta, anoxada, encheu o cuarto nupcial de serpes. Para evitar a morte de Admeto, Alcestes ofreceuse a morrer no canto de seu home. Hércules, antigo compañeiro de Admeto na expedición dos argonautas, baixou aos infernos e devolveulla a Admeto.