Cupido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Venus e Cupido, de Alessandro Allori. Museo Fabre, Montpellier.

Cupido é, na mitoloxía romana, o Deus do amor.

Historia[editar | editar a fonte]

Equivale ao Eros da mitoloxía grega e a Kāmadeva na mitoloxía hindú. O seu nome latino significa «o Desexo». É fillo de Venus e de Marte. Atribuéselle a creación de amores e paixóns entre os mortais e adoita ser representado cun neno alado (semellante a un anxo). Ao ser fillo dos deuses da guerra e do amor, Cupido resulta ser o deus dos namorados, propiciando así un balance entre amor e traxedia.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cupido Modificar a ligazón no Wikidata