Portland, Maine
|
|||||||
| Portland | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
Vista aérea de Portland, Maine |
|||||||
| Alcume | The Forest City | ||||||
| Información | |||||||
| País | |||||||
| Estado | |||||||
| Fundación | 4 de xullo de 1786 | ||||||
| Superficie • Total |
136,2 km² |
||||||
| Poboación • Total • Área metropolitana |
66.194 (2010) 516.826 |
||||||
| Densidade | 1.169 hab./km² | ||||||
| Altitude | 19 m | ||||||
| Alcalde | Michael F. Brennan | ||||||
| Páxina oficial | |||||||
Portland é a cidade máis grande do estado estadounidense de Maine e a capital do Condado de Cumberland, en Maine. A poboación en 2010 era de 66.194,[1] cun crecemento dun 3% dende o censo do ano 2000. Portland é a cidade principal da área metropolitana, que inclúe os Condados de Cumberland, York, e Sagadahoc.
Os turistas visitan o histórico distrito de Old Port, polo Porto de Portland, na desembocadura do río Fore e parte da Bahía Casco, e o Distrito das Artes de Portland, que vai pola Congress Street no centro da cidade. O Faro de Portland está situado no Cabo Elizabeth e marca a entrada ao porto.
O escudo da cidade representa un fénix renacendo das súas cinzas, xusto debaixo do lema da cidade, Resurgam, en latín "Levantareime de novo." O lema refírese ás reconstruccións de Portland ante catro incendios devastadores.[2] A cidade de Portland, Oregon foi chamada así por Portland, Maine.[3]
Cidades irmandadas [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Cidade de Portland
- Porto de Portland
- Portland Public Schools
- Biblioteca pública de Portland
- Portland's Downtown District
- Turismo en Portland
- Guía de viaxe de Portland en Wikitravel
- Antigos mapas de Portland
Notas [editar]
- ↑ http://2010.census.gov/news/releases/operations/cb11-cn118.html
- ↑ http://www.mainehistory.org/pdf/Falmouth_Fire.pdf
- ↑ "Portland: The Town that was Almost Boston". Portland Oregon Visitors Association. http://www.travelportland.com/media/history.html. Consultado o 2006-11-18.
- ↑ Japan index of Sister Cities International retrieved on December 9, 2008