Río Columbia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Columbia
O Columbia en Longview, Wash.
PaísCanadá, Estados Unidos
NacementoLago Columbia
Lonxitude1.953 Km
Conca668.217 km².
Caudal medio7.500 m³/s
DesembocaduraOcéano Pacífico
Conca do Columbia

O río Columbia é un curso fluvial do oeste de Norteamérica, que verque as súas augas no océano Pacífico, logo dun percorrido de 1.953 km. É o río máis caudalosos de todos os cursos de América do Norte que desembocan nese océano. Contando conxuntamente o seu afluente da esquerda, o Snake acada unha lonxitude de 2.240 km. A súa conca hidrográfica abrangue uns 668.217 km², dos que sobre un 15 % están sitos no Canadá.

O río foi nomeado así polo capitán norteamericano Robert Gray que lle deu o do navío Columbia Rediviva, o 11 de maio de 1792, por ser o primeiro occidental que entrou nel, mentres exploraba o noroeste do Pacífico.[1] O río Columbia foi cartografiado por vez primeira enteiramente en 1814 por David Thompson.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A fontes do Columbia están situadas na provincia canadense de Columbia Británica (British Columbia) no lago Columbia (Columbia Lake). Atravesa o medio oeste do estado norteamericano de Washington. Nos seus últimos 480 km antes da súa foz, conforma a fronteira entre os estados norteamericanos de Washington e Oregón, pero a súa conca esténdese tamén aos de Montana e Idaho. Desemboca no océano Pacífico en Astoria.

Ademais o Columbia é o único río de Norteamérica que alcanza o Pacífico, desde o interior do continente, enlazando este coa costa, atravesando a gran cordilleira das Rochosas. Os cerca de 80 km a través da cadea das Cascadas son coñecidos como a garganta do río Oregón (Columbia River Gorge), paraxe no que está situado o encoro de Bonneville.

Afluentes[editar | editar a fonte]

Os tributarios máis importantes do Columbia, ordenados polo seu caudal, son:

Caudal[editar | editar a fonte]

Cunha vertedura de 7.500 m³/s de media anual o Columbia é o río máis caudaloso de todo o hemisferio occidental que desemboca no océano Pacífico e, despois do río Mississippi, do río San Lourenzo e do río Mackenzie é o cuarto máis caudaloso de América do Norte. O caudal maior do Columbia , o 6 de xuño de 1894, foi de 35.113 m³/s.[2]

Encoros no Columbia[editar | editar a fonte]

Presa de Grand Coulee

Os encoros que represan a auga do Columbia na actualidade son:

  • no Canadá:
  • nos Estados Unidos:
    • Grand-Coulee no estado de Washington ( forma o lago Franklin Delano Roosevelt).
    • Bonneville e o lago Bonneville, entre Oregón norte e Washington sur.

O tramo maior aberto a pesca son os arredor de 80 km de Hanford Reach en Hanford Reach National Monument, no Condado de Benton, Washington. Aquí desovar sobre o 80% de todos os salmóns reais de todo o sistema do río Columbia.

Weitere Bilder[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Stuart Allan, Aileen R. Buckley, James E. Meecham, Atlas of Oregon. University of Oregon Press. 2001, páx. 24 ISBN 0-87114-102-7
  2. Stuart Allan, Aileen R. Buckley, James E. Meecham, Ibídem, páxs. 164-165

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]