Río Willamette

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Willamette
USACE Fremont Bridge Portland.jpg
O río Willamette ao seu paso por Portland.
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Rexión n/d
Nacemento
Altitude n/d
Lonxitude 301 km
Caudal medio 960 m³/s
Conca 28.700 m²
Desembocadura Río Columbia
Localización do curso do río Willamette.

O río Willamette (Willamette River) é un afluente do río Columbia, de 301 km de lonxitude, no noroeste de Oregón, nos Estados Unidos.

Flúe cara o norte encaixado entre as estribacións do Coastal Range e Cascade Range. O río e os seus tributarios forman a conca hidrográfica denominada Willamette Valley, que contén o 70% da poboación de Oregón,[1], incluíndo a maior cidade do estado, Portland, que se acha nas beiras do río antes de se xuntar co Columbia.

Posúe un val moi produtivo, formando unha das rexións agrícolas máis fértiles de Norteamérica, sendo un destino soñado para os emigrantes da ruta de Oregón. O río foi unha ruta de transporte moi importante durante gran parte da historia temperá do estado, sendo o medio de transporte do gran volume de madeira e dos recursos agrícolas do estado ao mundo exterior.

Partes da ribeira do río (Willamette Floodplain) foi estabelecida como un National Natural Landmark en 1987; dez anos máis tarde o río foi nomeado como un dos dez American Heritage Rivers a nivel nacional.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Willamette