Partido Comunista de los Pueblos de España
| Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) | |
|---|---|
![]() |
|
| Partido político de España | |
| Líder | Carmelo Suárez |
| Fundación | 1984 |
| Sede | Madrid |
| Ideoloxía | Marxismo-leninismo |
| Concelleiros |
7 / 68.286
|
| Filiación internacional | Ningunha |
| Mocidades | Colectivos de Jóvenes Comunistas |
| Publicación oficial | Unidad y Lucha |
| Páxina web | www.pcepe.es |
O Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) é un partido político español marxista-leninista fundado en xaneiro 1984 nun Congreso de Unidade dos Comunistas no que participaron o Partido Comunista de España Unificado, Movimiento de Recuperación del PCE, Movimiento para la Recuperación y Unificación del PCE e Candidatura Comunista, formacións afíns á política oficial do PCUS e opostos a liña eurocomunista de Santiago Carrillo, que se escindiran do PCE nos anos 70 e 80, e formaron o Partido Comunista, recoñecido polo PCUS e que tiña por principal dirixente a Ignacio Gallego e que axuntaba arredor de 10.000 militantes. O PCE denunciou o nome do novo partido diante os tribunais e en xaneiro 1986 adoptou o nome de PCPE
En 1986 o PCPE participou, xunto ó PCE e outros partidos, na creación de Izquierda Unida pero apenas permaneceu un ano na coalición, ó mesmo tempo unha crise en Cataluña levou ó seu partido federado alí, o Partit dels Comunistes de Catalunya a converteuse nunha formación independente, separándose do PCPE.
En 1988 Ignacio Gallego xunto con 5.000 militantes e a maioría do Comité Central volveu ó seo do PCE; o que quedou do PCPE pasou a ser unha formación moi minoritaria.
No 2000 celebrouse en Madrid o Congreso de Unificación entre o PCPE e o Partido Comunista Obrero Español fundado por Enrique Líster (Aínda que este reingresara no PCE en 1986), que na práctica supuxo a integración do segundo no primeiro, aínda que ó pouco gran parte dos antigos militantes refundaron de novo o PCOE.
A marca galega deste partido é Comunistas da Galiza.
Eleccións [editar]
- Europeas 1989: 79.970 votos (0.51%).
- Xerais 1989: 62.664 (0.31%).
- Xerais 1993: 10.233 votos (0.04%).
- Europeas 1994: 29.692 votos (0.16%).
- Xerais 1996: 14.513 (0.06%).
- Europeas 1999: 26.189 (0.13%).
- Xerais 2000: 12.898 votos (0.06%).
- Xerais 2004: 12.979 votos (0.05%).
- Europeas 2004:4.281 votos (0.03%).
Véxase tamén [editar]
|
|||||||
