Aguilar de la Frontera
Coordenadas: 37°31′N 04°39′W / 37.517°N 4.650°W
| Aguilar de la Frontera | |
|---|---|
| Torre do reloxo | |
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Comunidade Autónoma: | |
| Provincia: | Córdoba |
| Comarca: | Campiña Sur |
| Xeografía | |
| Altitude: | 280 msnm |
| Superficie: | 166,48 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 13.654 hab. (INE 2011) |
| Densidade de poboación: | 82,02 hab./km² |
| Xentilicio: | Aguilareños, aguilarenses |
| Información | |
| Código postal: | 14920 |
| Alcalde: | Francisco Paniagua Molina (PSOE) |
| Sitio na web: | www.aguilardelafrontera.es |
Aguilar de la Frontera[1] é un concello andaluz situado no suroeste da provincia de Córdoba. O municipio atópase na comarca da Campiña Sur Cordobesa e é cabeza do partido xudicial do mesmo nome. As súas coordenadas xeográficas son 37º 31' N, 4º 39' O.[2] Atópase a unha altitude de 280 msnm[3] e a uns 50 km da capital de provincia, Córdoba. A súa superficie é de 167,6 km².[3] No ano 2008 contaba con 13.692 habitantes e unha densidade de poboación de 82,01 hab/km².[4]
Índice |
Historia[editar]
Época romana[editar]
Aguilar de la Frontera é a antiga Ipagrum ibero-romana, involucrada na batalla de Munda, que enfrontou os partidarios de César cos de Pompeio. Precisamente deste período son os seus restos máis antigos, unha necrópole de grandes dimensións. Sobre a etimoloxía do nome existen diferentes versións. Para uns, Ipagrum significaría "campo alto", mentres que outros opinan que a orixe é turdetana-grega, provindo o nome do grego hippos, isto é, cabalo. Actualmente existe no termo de Aguilar un lugar denominado Llano de los Caballos.
Idade Media[editar]
A conquista musulmá da cidade fixo que pasara entón a denominarse Bulay ou Poley, quizais derivando do grego. A derrota, o 5 de abril do ano 891, dos seus poboadores cristiáns e das tropas rebeldes fronte ás tropas do emir Abdallah, fixo que a poboación pasara a pertencer á cora de Cabra. Algún tempo máis tarde, no século XI, Poley foi incluída no reino zirí de Granada.
O nome actual de Aguilar foille dado tras a conquista cristiá. Foi o monarca Fernando III o Santo quen a gañou para Castela no ano 1240. O primeiro gobernador cristián foi un portugués procedente dunha familia toledana, Gonzalo Yáñez d'Ovinhal, que a recibiu en forma de Señorío de Aguilar. D. Gonzalo era fillo de Juan Gomez de Obiñal, Rico-home de Portugal, e de María Pérez de Aguilar, filla dos señores da vila de Aguiar en Portugal. Xa con Afonso X é cando a poboación pasa a denominarse Aguilar, nome da familia da nai de don Gonzalo, compensando así a este o monarca pola prestación dalgúns servizos. Finalmente, o cualificativo "da fronteira" venlle dado pola súa proximidade á fronteira granadina durante a Baixa Idade Media.
Ao inicio do reinado de Pedro I, Alfonso Fernández Coronel, que recibira só facía uns meses o señorío, revelouse contra o rei. O grito de "Aguilar, Aguilar" fixérase habitual entre os rebeldes en Castela desde principios dese século, así que, reprimida a rebelión, Pedro I decidiu cambiar o nome de Aguilar polo de Monterreal, e o escudo da aguia polo dun rei sentado coa espada desenvaiñada.
Despois das guerras civís castelás, que enfrontan a Pedro I e Henrique II, a vila pasa a pertencer a Gonzalo Fernández de Córdoba. Os séculos XVII e XVIII representan unha etapa de decadencia e crise para a localidade, debido ao forte descenso poboacional ocasionado polas epidemias.
Século XX[editar]
Xa no século XX, a represión política que afectou España tras a vitoria das tropas de Franco implicou de cheo a Aguilar, resultando afectados moitos dos seus cidadáns.
Notas[editar]
- ↑ A locución "de la Frontera" alude á fronteira granadina
- ↑ Ubicación y coordenadas, Instituto de Estadística de Andalucía.
- ↑ 3,0 3,1 Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía, Junta de Andalucía.
- ↑ Páxina do Instituto Nacional de Estatística de España.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Ayuntamiento de Aguilar de la Frontera
- Aguilar de la Frontera, Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía.
- Aguilar en Cordobapedia
- Turismo de Córdoba - Aguilar
- Sendero del Observatorio en el término municipal de Aguilar de la Frontera
- Patrimonio cultural de Aguilar de la Frontera en la Guía Digital del Patrimonio Cultural de Andalucía. IAPH