Partido Comunista Alemán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Partido Comunista Alemán (DKP, en alemán: Deutsche Kommunistische Partei) é un partido comunista marxista-leninista fundado na Alemaña Occidental en 1968 como substituto do Partido Comunista de Alemaña (KPD), ilegalizado polo Tribunal Federal en 1956.

Índice

Historia [editar]

O DKP foi fundado na Alemaña Occidental (RFA) en 1968 co fin de ocupar o espazo político deixado polo Partido Comunista de Alemaña despois da súa ilegalización polo Tribunal Constitucional Federal en 1956. Durante a Guerra Fría, o DKP recebía a maior parte dos seus fondos do Partido Socialista Unificado de Alemaña (SED), que detentaba o poder na Alemaña Oriental desde o fin da Segunda Guerra Mundial. Após a reunificación, o DKP entrou nunha época de decadencia, perdendo apoio popular e militantes até unha décima parte dos que tiña na época anterior á unificación. Un grande número de militantes do partido abandonarono para unirse ao Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD), nacido naquela época como sucesor do SED.

Actualidade [editar]

O DKP é hoxe un partido minoritario. Canto á súa filiación internacional, fai parte, como membro, da Esquerda Anticapitalista Europea e, en calidade de observador, do Partido da Esquerda Europea. Mantén, por outra banda, un semanario afín, o unsere Zeit. En 2005, o seu líder Heinz Stehr pediu o voto para a coalición Die Linkspartei, formada polos excomunistas da Alemaña Oriental (PDS) e a escisión do SPD liderada por Oskar Lafontaine.

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]