Izquierda Castellana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Izquierda Castellana (IzCa)
Partido político de Castela
Dirixentes e organización
Líder Doris Benegas
Filiación internacional Ningunha
Historia
Fundación 2002
Posicións políticas
Ideoloxía Castelanismo
Socialismo
Outros datos
Sede Madrid
Páxina web www.nodo50.org/izca
Estrellado.jpg

Izquierda Castellana (IzCa) é un movemento político radical nacionalista de esquerdas de Castela, constituído definitivamente en 2002 en Madrid, coa incorporación de Izquierda Comunera a unha organización na que se atopaban Unidad Popular Castellana, Yesca, Mujeres Castellanas e o Círculo Castellano de Toledo. O Partido Comunista del Pueblo Castellano (sección do Partido Comunista de los Pueblos de España na comunidade autónoma de Castela e León) entrou en Izquierda Castellana, pero despois abandonou a organización.

Izquierda Castellana é internacionalista, razón pola cal apoia diversos movementos de construción nacional no País Vasco, Palestina ou Irlanda. Tal apoio faise sempre dende unha perspectiva democrática e de soberanía das clases traballadoras.

O obxectivo de Izquierda Castellana é conseguir unha Castela unida, superando a división da nación castelá entre cinco comunidades autónomas (consideran que Castela está formada por Cantabria, Castela e León, Madrid, A Rioxa e Castela-A Mancha), socialista, soberana e republicana, facendo propia a tradición comunera, que reivindica anualmente, cada 23 de abril, nas concentracións de Villalar de los Comuneros. Este día é considerado por organizacións nacionalistas castelás, como Izquierda Castellana e Tierra Comunera como o Día Nacional de Castela, pero oficialmente é o día da comunidade de Castela e León.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]