Nervio vago
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Nervio vago | |
|---|---|
| Parte superior dos nervios glosofarínxeo, vago e accesorio espiñal | |
| Curso e distribución dos nervios glosofarínxeo, vago e accesorio espiñal | |
| Gray: | subject #205 910 |
| MeSH | Vagus+Nerve |
| Nervios craniais |
|---|
| CN I - Olfactorio |
| CN II - Óptico |
| CN III - Oculomotor |
| CN IV - Troclear |
| CN V - Trixémino |
| CN VI - Abducens |
| CN VII - Facial |
| CN VIII - Vestíbulo-coclear |
| CN IX - Glosofarínxeo |
| CN X - Vago |
| CN XI - Accesorio |
| CN XII - Hipogloso |
O nervio vago, X par cranial ou nervio pneumogástrico, é un dos doce pares craniais.
Índice |
Orixe aparente e traxecto [editar]
Orixínase no bulbo raquídeo e atravesa o burato xugular do occipital. Descende polo pescozo xunto coa arteria carótide interna na parte superior e coa arteria carótide común na parte inferior; e coa vea xugular interna, constituíndo o paquete vasculo-nervioso do pescozo. Este paquete viaxa cuberto pola parte fonda do músculo esternocleidomastoideo. Acompaña á carótide ata o arco aórtico. Sérvese da aorta e chega ás vísceras torácicas e abdominais, agás a parte final do intestino groso.
Orixe real do X par [editar]
Tres núcleos do troncoencéfalo asociados:
- Núcleo motor dorsal do vago
- Núcleo do tracto solitario
- Núcleo ambiguo
Ramos principais do nervio vago (X) [editar]
- Nervio auricular
- Rama farínxea
- Nervio larínxeo superior
- Plexo cardíaco
- Nervio recurrente larínxeo
- Ramos para o plexo pulmonar
- Plexo esofáxico
Inervación torácica e visceral [editar]
Xunto coa aorta e outros vasos chega a:
- Corazón, sinaptando co plexo coronario.
- Traquea e o músculo liso bronquial
- Esófago
- Estómago
- Intestino delgado e case todo o groso
- Glándulas suprarrenais
Inervación de musculatura lisa [editar]
- Músculo crico-tiroideo
- Elevador da úvula
- Músculo palatogloso
- Constrictores da farinxe
- Músculos superiores la larinxe
Funcións do vago [editar]
- Sensitiva: recolle a sensibilidade do terzo posterior da lingua e parte superior da farinxe
- Sensitiva: recolle información da trompa de Eustaquio e do oído medio
- Motora: move os músculos anteriormente enunciados
- Motora: produce descenso do ritmo cardíaco. Apenas inflúe na forza de contracción coronaria
- Mixta: acción sobre as vísceras abdominais: movementos das mesmas, regulación da liberación de diversas substancias, tales como a propia insulina, a colecistoquinina ou secretina. É unha acción mediada por acetilcolina.