Noam Chomsky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Noam Chomsky
Chomsky.jpg
Noam Chomsky durante unha visita a Vancouver na Columbia Británica
Datos persoais
Nacemento 7 de decembro de 1928 (86 anos)
Lugar Filadelfia, Pensilvania Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento
Lugar
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Etnia
Cóncuxe Carol Schatz
Fillos {{{fillos}}}
Relixión "Ateo secular"[1][2]
Actividade
Campo Lingüística, filósofo, activista
Alma mater Universidade de Pensilvania, Universidade Harvard
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por Gramática xenerativa
Gramática Universal
Gramática transformacional
Teoría da X'
Xerarquia de Chomsky
gramática libre de contexto
Principios e parámetros,
Influído por
Influíu en
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Avram Noam Chomsky, nado en Filadelfia, Pensilvania, o 7 de decembro de 1928, é un lingüista, filósofo, activista estadounidense. É profesor emérito de Lingüística no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) e unha das figuras máis destacadas da lingüística do século XX, grazas aos seus traballos en teoría lingüística e ciencia cognitiva. É, así mesmo, recoñecido polo seu activismo político, caracterizado por unha forte crítica do capitalismo contemporáneo e da política exterior dos Estados Unidos. Definiuse politicamente a si mesmo como un anarquista[3][4] ou socialista libertario.[5] Foi sinalado polo New York Times como "o máis importante dos pensadores contemporáneos".[6]

Propuxo a gramática xenerativa, disciplina que situou a sintaxe no centro da investigación lingüística. Con esta cambiou a perspectiva, os programas e métodos de investigación no estudo da linguaxe. A súa lingüística é unha teoría da adquisición individual da linguaxe e intenta ser unha explicación das estruturas e principios máis profundos da linguaxe. Postulou un aspecto ben definido de innatismo á mantenta da adquisición da linguaxe e a autonomía da gramática (sobre os outros sistemas cognitivos), así como a existencia dun «órgano da linguaxe» e dunha gramática universal. Opúxose con dureza ao empirismo filosófico e científico e ao funcionalismo, en favor do racionalismo cartesiano. Todas estas ideas chocaban frontalmente coas sostidas tradicionalmente polas ciencias humanas, o que concitou múltiples adhesións, críticas e polémicas que lle acabaron convertendo nun dos autores máis citado.[7]

Destaca a súa contribución ao establecemento das ciencias cognitivas a partir da súa crítica do conductismo de Skinner e das gramáticas de estados finitos, que puxo en cuestión o método baseado no comportamento do estudo da mente e a linguaxe que dominaba nos anos cincuenta. O seu enfoque naturalista no estudo da linguaxe influenciou a filosofía da linguaxe e da mente (ver a Harman e a Fodor). É o creador da xerarquía de Chomsky, unha clasificación de linguaxes formais de gran importancia en teoría da computación.

É tamén coñecido polo seu activismo político e polas súas críticas á política exterior de EE.UU. e doutros países, como Israel. Chomsky, que desvincula completamente a súa actividade científica do seu activismo político, descríbese a si mesmo simpatizante do anarcosindicalismo (é membro do sindicato IWW). Chomsky é considerado unha figura influente no seu país de orixe e no mundo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chomsky é o fillo do erudito hebreo William (Zev) Chomsky (estudioso da lingua hebrea e un dos seus máis distinguidos gramáticos), orixinario dunha vila da Ucraína, e de Elsie Simonofsky, maestra de hebreo, tamén xudía e procedente da actual Bielorrusia, pero a diferenza do seu marido, ela creceu nos Estados Unidos polo que falaba o inglés ordinario de Nova York. A súa primeira lingua foi o yiddish, pero Chomsky di que entre a súa familia era "tabú" o feito de falalo. Ao describir a súa familia fala dunha especie de gueto xudeu, dividido por un lado en "yiddish" e polo outro en "hebreo", e alinea máis á súa familia con este último, dicindo que creceu "inmerso na literatura e cultura hebrea". Temeu a expansión do fascismo desde moi novo, influenciado pola experiencia do seu pai e pola Guerra Civil Española e adoptou ideas anarquistas.

Á idade de oito ou nove anos, Chomsky pasaba todas as noites dos venres lendo literatura hebrea. Moitos anos despois sería el quen daría clases de hebreo. Con todo, e a pesar do seu traballo lingüístico que levou a cabo durante a súa carreira, Chomsky asegura que "a única lingua que falo e escribo con competencia é o inglés".

Chomsky recorda que o seu primeiro artigo escribiuno aos dez anos de idade e que trataba sobre a expansión do fascismo despois da caída de Barcelona. Aos doce ou trece anos identificariase máis plenamente coa política anarquista.

En 1945 iniciou estudos de filosofía, lingüística e matemáticas na Universidade de Pensilvania, aprendendo do filósofo C.West Churchman e do lingüista Zellig Harris (tamén inmigrante xudeo-ucraniano, fundador do primeiro departamento especializado en lingüística en Norteamérica); tanto Harris como a súa nai Elsie influíron, máis que o seu pai Zev, na formación da súa ideoloxía política. Tamén por influencia de Zellig Harris, Chomsky comezou a tomar clases de matemáticas e filosofía. Un dos seus mestres foi o filósofo Nelson Goodman, quen máis tarde os presentaría na Society of Fellows de Harvard.

En 1949, Chomsky casouse coa lingüista Carol Schatz, quen morreu o 20 de decembro de 2008.[8] Tiveron dúas fillas, Aviva (1957) e Diane (1960), e un fillo, Harry (1967).

Chomsky recibiu o seu doutoramento en lingüística da Universidade de Pensilvania en 1955. Conduciu moita da súa investigación doutoral durante catro anos na Universidade Harvard como Harvard Junior Fellow. Na súa tese de doutoramento, comezou a desenvolver algunhas das súas ideas sobre lingüística, e elaboralas no seu libro Syntactic Structures de 1957, quizá a súa obra máis coñecida no campo da lingüística.

Chomsky pasou a formar parte do Massachusetts Institute of Technology (MIT) en 1955 e en 1961 foi designado profesor no Departamento de Linguas Modernas e Lingüística (agora é o Departamento de Lingüística e Filosofía). Desde 1966 ata 1976 levou o profesorado de Linguas Modernas e Lingüística Ferrari P.Ward. En1976 foi designado Institute Profesor. Chomsky estivo dando clases no MIT de forma continuada desde fai 50 anos.

Foi durante este tempo que Chomsky foi máis afín á política: foi un dos líderes opositores á Guerra de Vietnam coa publicación do seu ensaio A Responsabilidade dos Intelectuais ("The Responsibility of Intellectuals",1967) no The New York Review of Books en 1967. Desde entón, Chomsky foi ben coñecido polas súas posturas políticas, facendo charlas sobre política para todo o mundo, e escribindo numerosos libros. A súa influente crítica á política exterior de EE.UU. e a lexitimidade do poder de EE.UU., fixo del unha figura controvertida. Aínda que os sectores da esquerda séguenlle con devoción, ten crecentes críticas do sector liberal así como da dereita, particularmente logo da súa postura tralos ataques do 11 de setembro de 2001. Os alicerces das súas ideas lingüísticas aparecen na súa tese, que vería a luz ampliada en 1957 co título Estruturas Sintácticas (Syntactic Structures).

Desde entón é unha figura de referencia na crítica á lexitimidade das actuacións estadounidenses no estranxeiro, que inclúen os feitos relacionados co ataque do 11 de setembro de 2001. Por outra parte, Chomsky é, posibelmente, o pensador vivo máis citado na actualidade na área das humanidades.

Chomsky tamén ten recibido crédito de grupos culturais. O grupo musical Rage Against the Machine leva os seus libros nas súas xiras. A banda de grunge Pearl Jam tocou pedazos de discursos de Chomsky mesturadas coas súas músicas. O grupo de rock and roll REM convidou ó lingüista para conferenciar antes do seus concertos, ó que Chomsky recusou. Discursos de Chomsky teñen aparecido nos lados B dos álbums da banda Chumbawamba e outros grupos.

Contribucións á lingüística[editar | editar a fonte]

N'A Estrutura lóxica da teoría lingüística (Logical Structure of Linguistic Theory, 1955), Chomsky introduce as gramáticas transformacionais, se ben a obra de referencia continúa a ser Estruturas sintácticas. As frases, unidades de fala ou enunciacións (utterances, en inglés) corresponden a estruturas de superficie (surface structures) que derivan de estruturas profundas (deep structures) máis abstractas. As regras transformacionais, xunto coas regras da estrutura da frase e outros principios estruturais gobernan tanto a creación como a interpretación das frases. Os seres humanos somos capaces de producir un numero infinito de oracións, incluídas oracións que ninguén dixera antes, a partir dun conxunto reducido de regras gramaticais e un conxunto finito de vocábulos. A capacidade para estruturar a nosa produción desta maneira é innata, parte do patrimonio xenético dos seres humanos e chámase gramática universal. A partir desta gramática universal, o neno que aprende unha lingua concreta accede a esta precisando adquirir só unhas poucas particularidades.

As ideas de Chomsky sobre a a adquisición da linguaxe deron orixe á corrente coñecida como de "código cognitivo", que desbaratou as presuposicións do behaviourismo ou condutismo e tiveron unha grande influencia na psicoloxía cognitiva. En Lingüística cartesiana (Cartesian Linguistics, 1966), Chomsky asegura que a mente é "cognitiva", isto é, que posúe estados mentais, crenzas, dúbidas, etc. e non a relación simple estímulo-resposta de Pavlovski ou Skinner. Ademais, unha parte considerábel do que pode facer unha mente adulta é "innato". Por exemplo, se ben ningún neno nace sabendo falar, todos nacen coa capacidade de aprender a falar, que lles permite adquirir unha lingua ou máis en poucos anos. Por último, a mente componse de subsistemas especializados que interactúan limitadamente, isto é, a mente é "modular".

Visión política[editar | editar a fonte]

Noam Chomsky

Chomsky é unha figura coñecida da esquerda estadounidense. Auto-defínese como un crítico antixerárquico e alíñase coas posicións do anarcosindicalismo, se ben non se opón á política electoral. Un dos seus temas preferidos, e o que lle deu notoriedade pública nun principio, foi o papel dos Estados Unidos no mundo. Acusa á superpotencia de tentar organizar o mundo arredor de si mesma por medios militares e económicos. Foi por esta razón pola que interviu militarmente no Vietnam e Indochina así como en Centroamérica e Sudamérica: para evitar que se afastasen do seu sistema económico. Tamén por iso apoia a Israel, Arabia Saudita ou Turquía. Afirma que a política exterior está guiada pola "ameaza do bo exemplo", tamén coñecida como teoría do dominó: que un país poida desenvolverse independentemente da esfera de influencia norteamericana e se converta en modelo para outros.

É tamén un crítico do poder dos medios de comunicación de masas, aos que acusa de ser como "a porra dos sistemas totalitarios".

Publicacións[editar | editar a fonte]

Lingüística[editar | editar a fonte]

  • Estruturas sintácticas (Syntactic Structures, 1957)
  • Aspectos da teoría da sintaxe (Aspects of the Theory of Syntax,1965)
  • Lingüística cartesiana (Cartesian Linguistics, 1966)
  • O programa minimalista (The Minimalist Program, 1995)

Política[editar | editar a fonte]

  • O poder dos Estados Unidos e os novos mandaríns (American Power and the New Mandarins, 1969)
  • Prioridade radicais (Radical Priorities, 1981)
  • Piratas e emperadores: O terrorismo internacional e o mundo real (Pirates and Emperors: International Terrorism and the Real World, 1986)
  • Ilusións necesarias (Necessary Illusions, 1969)
  • O Que o Tío Sam realmente quere (What Uncle Sam Really Wants, 1992)
  • Os estados errados (Failed States, 2006)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Noam Chomsky
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Noam Chomsky

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]