Willard Van Orman Quine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fotografía do pasaporte de W. V. Quine.

Willard Van Orman Quine, nado en Akron (Ohio) o 25 de xuño de 1908 e finado en Boston (Massachusetts) o 25 de decembro de 2000, foi un filósofo estadounidense, recoñecido polo seu traballo en lóxica matemática e ás súas contribucións ao pragmatismo como unha teoría do coñecemento.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Educouse no Oberlin College e na Universidade Harvard, onde foi discípulo de Whitehead e da que chegou a ser profesor en 1936. Tamén realizou estudos en Viena, Varsovia e Praga.

Quine é coñecido pola súa afirmación de que o modo en que o individuo usa a linguaxe determina que clase de cousas está comprometido a dicir que existen. Ademais, a xustificación para falar dunha maneira en lugar doutra, ao igual que a xustificación de adoptar un sistema conceptual e non outro, é para Quine unha manifestación absolutamente pragmática.

Tamén é coñecido pola súa crítica a certas doutrinas do empirismo lóxco e a distinción tradicional entre afirmacións sintéticas (proposicións empíricas ou baseadas en feitos) e afirmacións analíticas (proposicións necesariamente verdadeiras), ao poñer en dúbida a distinción analítico-sintético, propón un holismo semántico no cal as proposicións teñen significado en conxunto e non por separado cada unha. Quine realizou ás súas principais contribucións á teoría de conxuntos, unha rama da lóxica matemática que ten que ver coa relación entre os conxuntos.

Quine tamén realizou unha achega fundamental á lingüística teórica, ao propoñer métodos recursivos para construír gramáticas que describan a linguaxe humana, separando así as clases K de secuencias significativas idiomaticamente das asignificativas idiomaticamente, método formal que inspiraría ao seu alumno Noam Chomsky a estudar en profundidade as estruturas sintácticas das linguas naturais. En lingüística, Quine tivo posturas próximas ao condutismo, aínda que en ocasións declarou nos seus escritos que hai certa predisposición a adquirir a linguaxe por parte do neno.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Un sistema de loxística (A System of Logistic). 1934. 
  • Lóxica matemática (Mathematical Logic). 1940. 
  • Lóxica elemental (Elementary Logic). 1941. 
  • O sentido da nova lóxica (O Sentido da Nova Lógica). 1944. 
  • Os métodos da lóxica (Methods of Logic). 1950. 
  • Desde un punto de vista lóxico (From a Logical Point of View). 1953. 
  • Palabra e obxecto (Word and Object). 1960. 
  • La teoría de conxuntos e a súa lóxica (Set Theory and Its Logic). 1963. 
  • Os camiños do paradoxo e outros ensaios (The Ways of Paradox and Other Essays). 1966. 
  • Traballos de lócica selectos (Selected Logic Papers). 1966. 
  • A relatividade ontolóxica e outros ensaios (Ontological Relativity and Other Essays). 1969. 
  • A rede de crenzas (The Web of Belief). 1970. 
  • Filosofía da lóxica (Philosophy of Logic). 1970. 
  • A lóxica alxebraica e os functores de predicado (Algebraic Logic and Predicate Functors). 1971. 
  • As raíces da referencia (The Roots of Reference). 1974. 
  • Teorías e cousas (Theories and Things). 1981. 
  • O tempo da miña vida: unha autobiografía (The Time of My Life: An Autobiography). 1985. 
  • Quididades: un dicionario filosófico intermitente (Quiddities: An Intermittently Philosophical Dictionary)). 1987. 
  • A ciencia e os datos dos sentidos (La Scienza e i Dati di Senso). 1987. 
  • A busca da verdade (Pursuit of Truth). 1990. 
  • A lóxica das secuencias: unha xeralización dos Principia Mathematica (The Logic of Sequences: A Generalization of Principia Mathematica). 1990. 
  • Estimado Carnap, estimado Van: a correspondencia Quine-Carnap e traballos relacionados (Dear Carnap, Dear Van: The Quine Carnap Correspondence and Related Work). 1991. 
  • Do estímulo á ciencia (From Stimulus to Science). 1995. 

Artigos importantes[editar | editar a fonte]

  • A concatenación como base da aritmética (Concatenation as a basis for arithmetic). 1941.  Artigo incluído en Relatividade ontolóxica e outros ensaios.
  • Acerca do que hai (About What There Is). 1948.  Artigo incluído en Desde un punto de vista lóxico.
  • Dous dogmas do empirismo (Two Dogmas of Empiricism). 60. 1951. pp. 20–43.  Artigoo incluído en Desde un punto de vista lóxico.
  • Cuantificadores e actitudes proposicionais (Quantifiers and Propositional Attitudes). 53. 1956. pp. 185–196.  Artigo incluído en Os camiños do paradojo e outros ensaios.
  • Epistemoloxía naturalizada (Epistemology Naturalized). 1969.  Artigo incluído en Relatividade ontolóxica e outros ensaios.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Chamorro Calzón, José María (2006): Lenguaje, mente y sociedad. Hacia una teoría materialista del sujeto. La Laguna: Universidad de La Laguna. ISBN 978-84-7756-674-8
  • Gibson, Roger (1988): Enlightened Empiricism. Tampa: University of South Florida Press.
  • Gibson, Roger (1988): "Radical translation and radical interpretation" en E. Craig (dir.) Routledge Encyclopedia of Philosophy. London: Routledge. Ver en liña
  • Gochet, Paul (1978): Quine en perspective: essai de philosophie comparée. Paris: Flammarion,
  • Gochet, Paul (1982): Ascent to truth. A critical examination of Quine's philosophy. München: Philosophia Verlag.
  • Hookway, Christopher (1988): Quine. Cambridge: Polity Press.
  • Laugier,Sandra (1992): L'apprentissage de l'obvie. L'anthropologie logique de Quine. Paris: Vrin.
  • Nubiola Aguilar, Jaime (1991): El compromiso esencialista de la lógica modal: estudio de Quine y Kripke. Pamplona: Ediciones Universidad de Navarra S.A. (Eunsa). ISBN 978-84-313-0867-4

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]