Rudolph Rocker
Rudolf Rocker, nado en Maguncia o 25 de marzo de 1873 e falecido preto de New York en setembro de 1958, foi un historiador e ilustre pensador e activista anarquista, alemán.
Os seus primeiros pasos en política deunos na socialdemocracia xermana, da cal, finalmente, afastouse, por discrepancias tácticas e teóricas. Rocker contribuíu ao pensamento libertario contemporáneo como poucas figuras fixérono; transformándose, deste xeito, nun dos homes máis recordados polo seu legado ao pensamento anarquista do século XX.
En Alemaña Rocker organizara a Freie Arbeiter-Union Deutschlands (FAUD).
A mellor obra de Rudolf Rocker, e a que nos entrega maiores indicios sobre o seu pensamento é Nacionalismo e Cultura. Nesta, sinala a ruptura existente entre o nacionalismo moderno e o proceso xeral da cultura, considerando ao ambiente intelectual en que se move un individuo máis forte que as supostas influencias do "espírito nacional".
Así mesmo, o primeiro capítulo da obra comentada anteriormente (que posúe máis de 550 páxinas), chámase A insuficiencia do materialismo económico no cal sitúa a "vontade de poder" como un factor histórico no desenvolvemento da humanidade. De igual xeito expón, como o fixese Max Weber anos antes, a imposibilidade de analizar a historia con métodos científicos e critica, tamén, a visión de "simple superestrutura", que a escola marxista ten sobre o Estado.
Nacionalismo e Cultura, contén, en todo caso, unha variada cantidade de capítulos que abarcan desde o absolutismo europeo á manifestacións do arte contemporánea.
A bibliografía de Rocker conta con máis unha trintena de títulos, sen contar o achegue a numerosos diarios e a cantidade de conferencias dadas ao longo da súa axitada carreira.
En galego editouse o texto Porque sou anarquista, unha declaración da súa ideoloxía e actitude vital, que inclúe tres artigos: "Marx e as ideias libertárias", onde critica a falta de honestidade intelectual do comunista alemán Karl Marx e o seu desprezo por Proudhon; "O sistema dos sovietes e a ditadura do proletariado", e "O papel dos sindicatos na construção do socialismo".
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Porque sou anarquista, textos en galego.