Categoría gramatical

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Categoría gramatical é o termo empregado para a clasificación das palabras segundo o seu tipo. Dito vocábulo foi introducido por Antonio de Nebrija. Modernamente o termo categoría gramatical refírese a unha variable lingüística que pode tomar diferentes valores que condicionan a forma morfolóxica concreta dunha palabra moito máis xeral có uso tradicional do termo.

Categorías na gramática tradicional[editar | editar a fonte]

En gramática tradicional a clasificación segundo categorías é de tipo semántica e non-funcional. O concepto tal como se introduciu a gramática tradicional considérase superado e foi substituído por unha análise máis moderna, así a todo, o seu uso segue sendo común na gramática escolar e tradicional.

As categorías que recoñece e a clasificación que propón a gramática tradicional son |morfolóxicas e non se deben confundir coa función sintáctica que desempeña a palabra ou grupo de palabras (locucións).

A gramática tradicional distingue nove partes da oración (as oito de Nebrija mailo artigo):

  1. Artigo
  2. Substantivo
  3. Pronome
  4. Verbo
  5. Adxectivo
  6. Adverbio
  7. Preposición
  8. Conxunción
  9. Interxección

As cinco primeiras (artigo, nome, pronome, verbo e adxectivo) son as chamadas partes variables da oración, pois as palabras que pertencen a estes tipos poden variar en xénero e número, sen deixar de se-la mesma palabra. Unha excepción constitúea o verbo, que non varía en xénero, pero si en número, persoa, tempo, modo, voz e aspecto.

Obviamente esta clasificación da gramática tradicional non é aplicable a linguas como o chinés, o turco ou moitas linguas amerindias, ben por carecer de flexión ou ben por carecer de preposicións, ou ben porque verbos e adxectivos forman unha clase única.

As categorías na gramática moderna[editar | editar a fonte]

En teoría lingüística moderna, o termo categoría gramatical inclúe moitos máis aspectos có termo tradicional, que en xeral só se refire a clases semánticas de palabras. En termos xerais unha categoría gramatical é unha variable morfolóxica que pode tomar diversos valores para unha clase de palabras á que se aplica, por exemplo, a clase dos verbos presentan variacións ou realizacións diferentes segundo o seu tempo, modo, persoa, etc. e cada unha destas variables pode tomar diferentes valores, por exemplo en español a variable "tempo" pode toma-los valores de pasado, presente ou futuro. Normalmente as categorías gramaticais están suxeitas a restricións de concordancia gramatical. Algunhas das categorías gramaticais máis frecuentes entre as linguas de mundo son:

Criterios e procedementos para delimitar categorías gramaticais[editar | editar a fonte]

A Gramática tradicional usou sobre todo criterios lóxicos, de aí a pouca fiabilidade das súas nas súas caracterizacións dos accidentes. Posto que a aproximación a estas unidades se encauza nunha óptica estrutural, intralingüística, os criterios empregados han de ser estritamente lingüísticos.

Así pois, mediante técnicas de segmentación e conmutación delimitaremos as categorías gramaticais como unidades formais que contrastarán sintagmaticamente e que se oporán paradigmaticamente.

Como formas lingüísticas as categorías gramaticais pertencen ó grupo dos signos e inclúense, polo tanto, no primeiro modo de articulación: son signos mínimos, ou o que é o mesmo, morfemas flexivos.

Problemas na delimitación[editar | editar a fonte]

Se os mecanismos de expresión deixasen de ser variados de xeito que en tódolos casos os significantes tivesen un modo de expresión particular e único, e se cada contido se asociase cun único significante, entón non existirían problemas para a descrición das categorías gramaticais. Sen embargo as linguas son demasiado ricas e complexas na súa configuración interna como para que na súa presentación externa teñan un mínimo de elementos. Esta circunstancia provoca que nos achemos ante as seguintes dificultades:

  • Alomorfia: Acontece cando diferentes expresións substanciais o son dun único significante. As diferentes variacións combinatorias dun morfema denomínanse alomorfos
  • Homonimia:Cando unha única expresión substancial éo de significantes de diferentes morfemas. (andamos pode representa-lo Pres. Ind. ou o Perfecto). Morfemas homónimos
  • Amálgama:Cando nunha única e indivisible expresión substancial se encontran manifestados varios significantes de varios morfemas (-mos manifesta primeira persoa e mais número plural.