Jonas Valančiūnas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jonas Valančiūnas
Jonas Valanciunas by Augustas Didzgalvis.jpg
Toronto Raptors – No. 17
Pivote
Información persoal
Nacemento 6 de maio de 1992 (22 anos)
Flag of Lithuania.svg Utena, Lituania
Nacionalidade Flag of Lithuania.svg Lituania
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso 105 kg (231 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2011 / Rolda: 1 / Elección: 5

Escollido por Toronto Raptors

Carreira dende 2011
Historial de equipos
BC Perlas (2008-2010)
BC Lietuvos Rytas (2010-2012)
Toronto Raptors (2012-presente)
Información en nba.com

Jonas Valančiūnas, nado o 6 de maio de 1992 en Utena, Lituania, é un xogador lituano de baloncesto profesional que xoga nos Toronto Raptors da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Lituania[editar | editar a fonte]

Nos primeiros anos da súa carreira, Valančiūnas xogou para o BC Perlas lituano, e dous anos máis tarde, ficharía polo BC Lietuvos Rytas, onde gañou a liga e a copa lituana.

NBA[editar | editar a fonte]

O 23 de xuño de 2011, Valančiūnas foi elixido na 5ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Toronto Raptors. Ata a tempada 2012-2013 non poderá xogar cos Raptors, debido á cláusula de 2.5 millóns que ten co Lietuvos Rytas. Os Raptors só poden pagar medio millón debido ás regras da NBA, pero Valančiūnas anunciou que el mesmo ía pagar o resto para poder xogar na NBA. O Lietuvos Rytas, porén, dixo que non lle permitiría xogar na NBA ata a tempada 2012-13.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]