Xana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As xanas tradicionalmente estiveron moi presentes na paisaxe asturiana, na imaxe o coñecido como Foz de les Xanes, un desfiladeiro famoso pola presenza das xanas

Xana é o nome que reciben na mitoloxía asturiana e leonesa as fadas de auga doce. Están moi ligadas ás fontes e saltos de auga, e nos mitos acostuman gardaren tesouros baixo a auga. Represéntanse como mozas novas e moi fermosas, de caracteres máis ben nórdicos, é dicir, louras e de ollos claros. Peitéanse á beira dos ríos con peites de ouro, agardando incautos viaxeiros para seducilos. Teñen fillos, chamados xaninos, pero as xanas non os poden aleitar, pois teñen os peitos baleiros. Por iso é que llos dan ás mulleres mortais, para que os aleiten na súa vez[Cómpre referencia].