Xosé Ramón Mariño Ferro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xosé Ramón Mariño Ferro, nado en Castrofeito (O Pino) o 9 de xaneiro de 1950, é un escritor especializado na antropoloxía de Galicia. Actualmente é profesor titular de Antropoloxía Cultural na Universidade de Santiago de Compostela.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutor en Filosofía e Letras, licenciouse en antropoloxía americana na Universidad Complutense de Madrid pero ós principios dos anos 80 comezou a recoller información de campo sobre medicina popular galega (1982-1984) e sobre o entroido (1985-1987). Tamén recolleu información sobre as diferentes romarías galegas para o Museo do Pobo Galego.

Ademais de colaborar asiduamente en distintas revistas (Cuadernos de Estudios Gallegos, Encrucillada ou Gallaecia) foi publicando numerosos libros sobre a cultura popular galega e europea. Tamén ten publicados varios libros de narrativa infantil.

Mariño Ferro defende a idea de que a cultura popular galega está entroncada coa cultura popular europea, formada na Idade Media. De feito, afirma que:

Todo o que son crenzas en Galicia son comúns a toda Europa, especialmente á de tradición católica. Pode haber algún matiz, de feito algunhas consérvanse mellor porque foi rural moito máis tempo, pero é o mesmo.[1]

Engade que a cultura popular galega non se compón de elementos illados senón que está perfectamente artellada. Outra das liñas de traballo de Mariño Ferro é pór en evidencia a funcionalidade dos costumes tradicionais por riba da súa aparencia supersticiosa.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Cultura popular (1985, Museo do Pobo Galego).
  • Autobiografía dun labrego (1986, Xerais).
  • Aparicións e Santa Compaña (1995, Edicións do Cumio).
  • Lobos, lobas e lobishomes (1995, Edicións do Cumio).
  • O sexo na poesía popular (1995, Edicións do Cumio).
  • Contos marabillosos (1996, Edicións do Cumio).
  • O demo e o trasno (1996, Edicións do Cumio).
  • Serpes e dragóns (1997, Edicións do Cumio).
  • Contos de homes e mulleres (1999, Edicións do Cumio).
  • Antropoloxía de Galicia (2000, Xerais).
  • O Entroido ou os praceres da carne (2000, Edicións do Castro).
  • Antropoloxía da alimentación (alimentos elixidos, alimentos prohibidos) (2004, Unidixital).
  • Introducción á antropoloxía cultural (2004).
  • Manuel Branco Romasanta, o lobishome asasino (2007, Nigra).

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • A nena branca de Vilamaxín (1990, Edelvives).
  • Liño aprende a ser indio (1996, Edelvives).
  • A amora na silva (2000, Edicións do Cumio).
  • Brancaflor (2000, Edicións do Cumio).
  • Os dous xemelgos, o dragón e o pazo encantado (2000, Edicións do Cumio).
  • A filla do rei (2000, Edicións do Cumio).
  • Iria e o cabalo Buligán (2000, Edicións do Cumio).
  • Unha vella tiña un can (2000, Edicións do Cumio).

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • 12 anos na búsqueda da nosa identidade (1990, Xermolos).
  • Nacemento, casamento e morte en Galicia. Resposta á enquisa do Ateneo de Madrid, (1901-1902) (1990, Consello da Cultura Galega).
  • Romanceiro en lingua galega (2002, Xerais). Con Xosé Carlos López Bernárdez.
  • Bestiario en pedra: animais fabulosos na arte medieval galega (2004, Nigra). Con Xosé Carlos López Bernárdez.
  • Dicionario de etnografía e antropoloxía de Galiza (2010, Nigra). Con Xosé Manuel González Reboredo.
  • Romancero popular gallego, de Alfonso Hervella Courel (2011, Nigra). Coeditor, con Xosé Carlos López Bernárdez.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Satán, sus siervas las brujas y la religión del mal (1984, Xerais).
  • La medicina popular interpretada I (1985, Xerais) e II (1986, Xerais).
  • Las romerías, peregrinaciones y sus símbolos (1987, Xerais).
  • La medicina mágica (Hipócrates) (1988, Xerais).
  • Muerte, religión y símbolos en una comunidad quechua (1989, Universidade de Santiago de Compostela).
  • Plantas, carnes y minerales medicinales (1991, Deputación de Pontevedra).
  • El simbolismo animal: creencias y significados en la cultura occidental (1996, Encuentro).
  • Los cuentos maravillosos: realismo mágico (2004, Ronsel).
  • La brujería en Galicia (2006, Nigra).
  • Leyendas, mitos y creencias de Galicia (2008, Ellago).
  • Los amores del ciervo (2010, Instituto de las Identidades, Salamanca).
  • Leyendas y milagros del camino de Santiago (2010, Ellago).

Edición[editar | editar a fonte]

  • Leyendas y creencias de Galicia (2000, Pontevedra).

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Entroido: aproximación a la fiesta de Carnaval en Galicia (1987, Deputación da Coruña). Con Xosé Manuel González Reboredo.
  • La medicina mágica (Hipócrates) (1988).
  • Muerte, religión y símbolos en una comunidad quechua (1989).
  • La construcción del texto etnográfico a través de dos autores: aportación a una historia de la etnografía en Galicia (1996, Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos).
  • Santuarios mágicos de Galicia (2003, Nigra).

Premios[editar | editar a fonte]

  • Gañador do III Premio Internacional de Investigación Etnográfica Ángel Carril no 2010, por Los amores del ciervo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]