Alma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ánima")

Alma , que provén do latín anima, é un concepto dun principio transcendente ou unha entidade inmaterial do ser humano propio de moitas relixións e correntes da filosofía. Etimoloxicamente a palabra do latín anima usábase para designar o principio polo cal os seres animados estaban dotados de movemento propio. Nese sentido orixinario tanto os animais coma o ser humano estarían dotados de alma no cristianismo.

As mitoloxías dos pobos e logo as relixións en case todas culturas teñen a crenza co ser humano esta dotado dunha ou varias partes espirituaís, diferentes do corpo, distinguindo nelas a alma, o espirito e en certos casos maís nocións. No cristianismo, as ánimas, son as almas dos mortos que non foron nin ao ceo, nin ao paraíso, son almas perdidas ou que andan polo purgatorio. En moitas crenzas populares os pantasmas son almas de mortos que voltan visitar aos vivos. Noutras relixións a alma pode depoís da morte reencarnarse noutro corpo humano ou ánimal ou vexetal, según a relixíón. Para os animistas todas entidades da natureza teñen alma e polo tanto os humanos poden comunicar coa natureza.

Dende Platón que consideraba a alma como a parte immortal do home, ata as concepcións contemporanéas que consideran ca existencia está antes da esencia a noción de alma na filosofía leva a súa definición para cada filosofo e cada corrente filosofíca.

En certos casos a psicoloxía, a psicanálise e a literatura teñen autores que tamén danlle consideración a esitencia da alma como elemento da concienca do ser humano.

Na actualidade o termo "alma" é usado, fundamentalmente, polos ideólogos relixiosos[Cómpre referencia].

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas