Solomon Hill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Solomon Hill
Axente libre
Posición Ala
Información persoal
Nacemento 18 de marzo de 1991 (33 anos)
Harvey, Illinois
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 103 kg (226 lb)
Información da carreira
Instituto Fairfax (Los Angeles, California)
Universidade Arizona (2009–2013)
NBA Draft 2013 / Rolda: 1 / Elección: 23
Por Indiana Pacers
Carreira dende 2013
Historial de equipos
Indiana Pacers (2013–2016)
Fort Wayne Mad Ants (2013–2014)
New Orleans Pelicans (2016–2019)
Memphis Grizzlies (2019–2020)
Miami Heat (2020)
Atlanta Hawks (2020–2022)

Solomon Jamar Hill, nado o 18 de marzo de 1991 en Harvey, unha cidade do condado de Cook, en Illinois, é un xogador americano de baloncesto profesional.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 27 de xuño de 2013, Hill foi seleccionado na 23ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Indiana Pacers.[1] O 3 de xullo de 2013, asinou un contrato cos Pacers e uniuse ó equipo para xogar a Liga de Verán de 2013.[2]

O 29 de decembro de 2013, foi asignado ós Fort Wayne Mad Ants da NBA Development League.[3] O 4 de xaneiro de 2014, foi chamado de volta polos Pacers.[4]

En xullo de 2014, Hill xogou de novo cos Pacers a Liga de Verán de 2014.[5]

O 21 de xullo de 2016, Hill asinou cos New Orleans Pelicans.[6]

O 6 de xullo de 2019, Hill foi traspasado ós Atlanta Hawks.[7] O día seguinte, os Hawks traspasaron a Hill ós Memphis Grizzlies.[8]

O 6 de febreiro de 2020, Hill foi traspasado ós Miami Heat nun traspaso entre tres equipos.[9]

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Tempada regular[editar | editar a fonte]

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2013-14 Indiana 28 8.1 .425 .304 .857 1.5 0.4 0.2 0.1 1.7
Total 28 8.1 .425 .304 .857 1.5 0.4 0.2 0.1 1.7

Playoffs[editar | editar a fonte]

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2014 Indiana 1 1.0 .000 .000 .000 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0
Total 1 1.0 .000 .000 .000 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Solomon Hill To Pacers With No. 23 Pick In 2013 NBA Draft". HuffingtonPost.com. 28 de xuño de 2013. Consultado o 6 de xullo de 2014. 
  2. "Solomon Hill, Donald Sloan Signed". NBA.com. 3 de xullo de 2013. Consultado o 6 de xullo de 2014. 
  3. "Solomon Hill Assigned to D-League". NBA.com. 29 de decembro de 2013. Consultado o 6 de xullo de 2014. 
  4. "Solomon Hill Recalled from D-League". NBA.com. 4 de xaneiro de 2014. Consultado o 6 de xullo de 2014. 
  5. "Rookie/Free Agent Camp Update". NBA.com. 3 de xullo de 2014. Consultado o 6 de xullo de 2014. 
  6. "Pelicans Sign Free Agents Hill, Moore and Galloway". NBA.com. 21 de xullo de 2016. Consultado o 21 de xullo de 2016. 
  7. "Atlanta Hawks Acquire Draft Rights To De’Andre Hunter, Solomon Hill And Conditional 2023 Second-Round Pick From New Orleans". NBA.com. 6 de xullo de 2019. Consultado o 7 de xullo de 2019. 
  8. "Grizzlies acquire Solomon Hill and Miles Plumlee from Hawks". NBA.com. 7 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2019. Consultado o 7 de xullo de 2019. 
  9. "HEAT Acquire Andre Iguodala, Jae Crowder & Solomon Hill". NBA.com. 6 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]